Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta aumentará a capacidade de almacenamento dos datos que xestionan todos os seus sistemas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta aumentará a capacidade de almacenamento dos datos que xestionan todos os seus sistemas

S. P.
Publicado: 05/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

comunicacions_telecomunicacions.jpgO Consello da Xunta aprobou un acordo marco para adquirir novo equipamento para o almacenamento dos datos que xeran todos os sistemas e aplicacións da Administración autonómica. O acordo prevé un investimento de ata 23 millóns de euros, que permitirá, segundo fixo saber a AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), “aumentar a capacidade de almacenamento actual para dar resposta ás necesidades do incremento dos servizos dixitais”.
O obxectivo do acordo é “modernizar un equipamento clave na xestión e custodia dos datos que manexa a Administración galega, mediante a adquisición de cabinas de almacenamento, discos de alto rendemento ou directores de fibra para que os servidores teñan unha comunicación directa e de moi alta velocidade”.
Só entre 2022 e 2025 a capacidade de almacenamento da Xunta pasou de 4,8 a 8,3 petabytes. A este acordo marco pódense adherir outras entidades públicas.
Ademais de aumentar a capacidade de almacenamento, “o novo sistema proporcionará un acceso rápido e fiael aos datos, unha maior seguridade na súa custodia e unha optimización dos custos e un mellor rendemento das aplicacións, o que redundará nun mellor servizo aos cidadáns”, engadiron fontes do Executivo autonómico.
Este acordo enmárcase dentro da estratexia da Xunta de Galicia de reforzar a súa infraestrutura tecnolóxica para responder ás necesidades actuais e futuras dunha Administración dixital.
O Goberno galego apuntou que “esta media é fundamental para avanzar en iniciativas en marcha como a creación dun nodo que concentrará nun único punto todos os datos e a información sobre os cidadáns e as súas relacións coa Administración, o que permitirá que, nun futuro, os galegos e galegas poidan consultar a través da Carpeta Cidadá da Sede Electrónica toda a información relativa a eles, independentemente do departamento ou unidade coa que os xestione, e actualizar os seus datos unha soa vez, evitando ter que comunicalos a diferentes departamentos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?