Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo acolle unha mostra de Silvia Sánchez que combina pintura, escultura, VR e neurociencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo acolle unha mostra de Silvia Sánchez que combina pintura, escultura, VR e neurociencia

S. P.
Publicado: 06/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_museo_evolucion_dende_a_imperfeccion.jpgO Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle estes días a exposición Evolución desde a imperfección: Arte, realidade virtual e neurociencia da artista Silvia Sánchez, que estará aberta ao público ata o 30 de marzo e que presenta unha fusión única entre arte tradicional e tecnoloxía de vangarda, ofrecendo unha experiencia inmersiva que combina pintura, escultura, VR e neurociencia. A mostra foi visitada este mércores 5 de marzo pola concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, na compaña da tamén edil Iria Buide.
A proposta está baseada en sete cadros orixinais da artista Silvia Sánchez, dos cales cinco están expostos fisicamente xunto con dúas esculturas. As concelleiras salientaron que o “que fai única esta mostra é a animación dixital destes cadros, que poden ser apreciados en 3D e 360 graos mediante unhas lentes de Realidade Virtual”.
evolucion_dende_a_imperfeccion_isabel.jpgAs obras que conforman esta exposición céntranse na figura da muller, transmitindo unha mensaxe de apoderamento. Ademais, a súa linguaxe pictórica, caracterizada pola imperfección e a asimetría, convida aos visitantes a reflexionar sobre a beleza na imperfección e a necesidade de evolucionar coas nosas propias fraxilidades e fortalezas.
A mostra presenta ao público os resultados dun experimento pioneiro a nivel mundial que combina arte e neurociencia. Realizado en colaboración con Tecnalia, este estudo mediu a resposta emocional dos espectadores durante a visualización da experiencia inmersiva, demostrando o impacto positivo da arte na sociedade.
Evolución desde a imperfección: arte, realidade virtual e neurociencia chegou a Lugo despois dunha xira por todo o mundo, formando parte no ano 2023 da Expo City Dubai, “o que destaca a súa relevancia e interese, ademais da innovación deste proxecto”, afirmou Maite Ferreiro.
Maite Ferreiro animou á veciñanza a visitar “unha exposición única, unha oportunidade excepcional para experimentar a converxencia entre arte tradicional e tecnoloxía dixital, e reflexionar sobre o papel da arte na sociedade contemporánea”.
Silvia Sánchez, nada en Bilbao en 1970, dedicouse profesionalmente á arte hai máis de 15 anos, tras deixar o mundo do dereito. A súa obra, que ten sido exposta en diversos países como España, Portugal, Suíza, México e Emiratos Árabes, reflicte unha profunda análise psicolóxica do mundo da muller.
O proxecto que se pode ver estes días no museo lucense enmárcase nun momento de debate sobre a utilización dos medios dixitais no mundo artístico. Seguindo este fío, Silvia Sánchez considera que a arte tradicional e o dixital “son igual de válidos, convivindo e enriquecéndose mutuamente, para poder transmitir con máis acerto a mensaxe da súa obra ao adaptar a linguaxe a cada público”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?