Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC Galicia participa nas feiras de emprego de Bos Aires e Montevideo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC Galicia participa nas feiras de emprego de Bos Aires e Montevideo

S. P.
Publicado: 06/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

stand-del-clu_ster-tic-galicia-en-la-feria-de-empleo-de-buenos-aires.jpgO Clúster TIC Galicia participa, xunto a unha delegación de empresas socias, nas feiras de emprego de Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai), organizadas pola Xunta de Galicia entre o 6 e o 10 marzo, no marco do Programa Retorna Cualifica Emprego 2025. O obxectivo, en palabras da agrupación empresarial galega, é “atraer talento tecnolóxico interesado en integrarse no mercado laboral de Galicia, co foco posto nos galegos residentes no exterior que desexen regresar á súa terra”.
A misión comercial está integrada por Dimensiona, consultora especializada na prestación de servizos no ámbito das TIC; Macrotest, organización que ofrece servizos TI e solucións de negocio innovadoras; Imatia, experta en desenvolvemento de software para a mellora da produtividade; GBTEC, provedora de software de xestión e automatización de procesos de negocio e gobernanza, risco e cumprimento; Catemo, consultora de RRHH; e Campus Dual TIC, o portal educativo impulsado polo propio Clúster.
Durante a súa viaxe a Arxentina e Uruguai, o Clúster TIC Galicia aproveitará para captar aqueles perfís con maior demanda entre as súas compañías socias, así como manter reunións con diferentes axentes estratéxicos, partners ou posibles clientes potenciais.
feira-de-emprego-de-bos-aires.jpgA feira de Bos Aires celebrarase esta semana (este xoves e este venres, 6 e 7 de marzo) no Centro Español da capital arxentina e a de Montevideo será o 10 de marzo no Hotel Raddison Victoria Plaza.
Con carácter paralelo, a Xunta está a difundir tanto os eventos como as ofertas de traballo vacantes a través do portal do Programa Retorna Cualifica Emprego coa finalidade de programar, con carácter previo, as reunións das diferentes xornadas.
Ademais das entrevistas aos candidatos, as feiras, nas que tamén estarán presentes outras agrupacións de empresas de Galicia, contan cun amplo programa de relatorios relacionados co emprego e as oportunidades laborais na nosa comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?