Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O público galego elixe os seus contidos favoritos nos I Premios AGalega.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O público galego elixe os seus contidos favoritos nos I Premios AGalega.gal

S. P.
Publicado: 06/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tanxugueiras_e_guadi_galego_na_gala_i_premios_agalega.gal_06.03.2025.jpgO público da plataforma dixital AGalega.gal escolleu os seus once programas e contidos favoritos nos I Premios AGalega.gal que foron revelados e entregados este xoves 6 de marzo na sede de San Marcos na CRTVG. Entre as tres plataformas, AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e Xabarin.gal, a cifra de usuarios chega xa preto dos dous millóns e superando os 11 millóns de páxinas vistas.
En total os tres recursos xuntan máis de en 27.000 contidos dispoñibles para o seu consumo a demanda, “formando, tanto de forma individual coma no conxunto das tres plataformas, a maior oferta de contidos en galego do mundo, e sen custo para o usuario”, explicou a CRTVG no seu balance, engadindo que no seu primeiro ano de vida AGalega.gal xa entrou no Top 10 de plataformas máis vistas de España.
gala_premios_aggalega.gal_06.03.2025_-_presentadores.jpgCase 14.000 votos do público son os que decidiron de forma directa os gañadores das 11 categorías nas tres plataformas. En cada categoría competían seis títulos, dos que resultaron premiados os seguintes contidos.
1.-Para ver cos amigos: o concurso Salvaxe.
2.-Para poñer na clase: a webserie documental San Simón, colonia penitenciaria.
3.-Para saber máis de nós’: o ciclo de documentais Historias de aquí.
4.-Para ver no bus: gañou o programa divulgativo sobre a historia de Galicia Contando historias.
5.-Para desconectar: o público elixiu a serie A coral.
6.-Mellor microserie: gañou a webserie E logo, quen foi?.
7.-Viva a diversidade: o programa divulgativo Sexo con senso.
8.-Orgullo friki: alzouse co premio a Sección anime da plataforma dixital.
9.-A serie da túa vida: gañou un clásico da canle, Pratos combinados.
10.-Mellor serie galega de Xabarin.gal: premio para Os bolechas: Historia de Galicia.
11.-‘Mellor podcast de AgalegaAudio.gal: triunfou Movendo marcos.
O Estudio 5 de San Marcos acolleu este xoves a entrega dos premios nunha gala que estivo presentada por Dani Polo, Belén Puime e Uxía Vázquez, e coas actuacións musicais das Tanxugueiras e de Guadi Galego. A gala poderase ver desde este xoves 6 de marzo á noite en AGalega.gal, o venres ás 20.45 horas na G2 e o sábado 8 de marzo pola mañá ás 11:30 horas na primeira canle da Televisión de Galicia. A CRTVG convocou estes premios para festexar o primeiro aniversario de vida da súa plataforma dixital, AGalega.gal, creada en xaneiro de 2024 e que hoxe ofrece a maior oferta de contidos en galego do mundo.
Premios tamén para o público
Votar neste certame tamén tivo premio xa que entre os participantes sorteouse unha estancia nunha casa de turismo rural, dúas entradas VIP para asistir ao programa Land Rober Tunai Show e dúas entradas para a vindeira Gala de Fin de Ano da TVG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?