Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Prosegue a súa xira por Ourense o programa dixitalizador A Administración Preto de Ti
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Prosegue a súa xira por Ourense o programa dixitalizador A Administración Preto de Ti

S. P.
Publicado: 07/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

eladio_santos_ourense_administracion_preto_de_ti.jpgO subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, acompañou este xoves 6 de marzo a funcionarios da Subdelegación ata o Concello da Mezquita, onde levou a cabo unha nova sesión informativa dentro do programa A Administración Preto de Ti.
Esta iniciativa naceu a finais de 2022 co “obxectivo de achegar aos veciños e veciñas dos municipios de menos de 8.000 habitantes información sinxela e moi práctica sobre o certificado dixital e a clave permanente, os trámites que se poden realizar con cada un deles e, deste xeito, as vantaxes da Administración Electrónica”.
Nestas sesións, impartidas por persoal da Subdelegación do Goberno, tramítase aos asistentes o Certificado Dixital da FNMT e ensínaselles a instalalo nos dispositivos móbiles para o seu uso nas relacións dixitais coa Administración.
Santos lembrou que na súa primeira fase, A Administración Preto de Ti chegou aos 86 concellos da provincia destinatarios desta iniciativa, participando nas sesións un total de 2.317 ourensáns, para os que se expediron 1.532 certificados electrónicos de persoa física e 1.120 chaves permanentes. Co comezo da segunda fase, o programa está a realizar de novo visitas a todos os municipios. De feito, xa chegou en febreiro a Esgos, Maceda e Castro Caldelas; e está previsto que neste mes de marzo visite, ademais da Mezquita, os Concellos de Amoeiro, Riós e Cenlle; para continuar nos seguintes meses ata completar todas as localidades ourensás de menos de 8.000 habitantes.
Durante a sesión na Mezquita, o subdelegado do Gobierno destacou que “o obxectivo do Goberno é chegar onde non se chega normalmente, estar no territorio, permitir que o mundo rural estea conectado coa Administración Xeral do Estado porque o rural é importante. Aínda que sexa pouca a xente que vive no rural, o Goberno ten o compromiso de chegar a todos eles”.
Co obxectivo de ampliar a o servizo ao cidadán que ofrece o programa A Administración Preto de Ti nesta segunda fase, a Subdelegación do Goberno mantivo encontros cos responsables na provincia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) coa finalidade de “complementar a iniciativa cunha sesión informativa a maiores, impartida por funcionarios destes tres organismos, para dar a coñecer entre os veciños e veciñas os servizos que xeran maior interese na cidadanía, como son as prestacións e subsidios por desemprego, os requisitos e trámites necesarios para acceder á xubilación, informe de vida laboral e cotizacións, realización de xestións a través da sede electrónica, entre outros”. Tralo acordo alcanzado, nas próximas semanas darán comezo estas novas visitas.
Ademais, tamén está previsto que se sume a este proxecto a Xefatura Provincial de Tráfico en Ourense, así como estender o programa a outros colectivos como son as persoas comerciantes, autónomas, estudantes, persoas en risco de exclusión social, sindicatos, centros xeriátricos ou colectivos agrarios, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?