Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant aposta polo novo talento tech en ámbalas beiras do Atlántico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant aposta polo novo talento tech en ámbalas beiras do Atlántico

S. P.
Publicado: 10/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_talento-tech-argentina.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant ten esta tempada unha axenda completa de participacións en eventos clave nos que debullar os seus proxectos e compartir sinerxías con talentos tech presentes e futuros. Os eventos celébranse en Vigo, Porto e en Arxentina e Uruguai, nunha iniciativa promovida por Xunta de Galicia.
Gradiant participa nalgunhas das feiras de emprego máis relevantes do sector durante o mes de marzo para a captación de talento tech. O obxectivo concreto é seguir consolidando o seu papel referente en España e cunha proxección crecente a nivel internacional, establecendo conexións con investigadores, desenvolvedores e futuros profesionais que queiran formar parte do seu equipo.
“Participar nestes eventos é crucial para Gradiant”, destaca Leticia Torrexón, responsable de Selección e Xestión do Talento en Gradiant, engadindo que esta estratexia “permítenos conectar con perfís especializados e diversos que complementen noso expertise actual”.
En Arxentina e Uruguai
No marco da iniciativa da Xunta de Galicia para captar talento no exterior, durante a primeira quincena de marzo, Gradiant participará en feiras de emprego en Bos Aires, Arxentina e en Montevideo, Uruguai. O obxectivo é atraer a profesionais galegos da diáspora e ofrecerlles a posibilidade de retornar a Galicia para contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico da nosa Comunidade.
En Porto
Porto acolle o 10 e 11 de marzo os Engineering Days na Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto. Este evento, consolidado como o punto de encontro entre empresas e estudantes, celebra este ano a súa 10ª edición e Gradiant participará activamente na feira de emprego presencial, ademais de en obradoiros e sesións de entrevistas flash co obxectivo de conectar con perfís técnicos altamente cualificados.
Foro Tecnolóxico de Emprego UVigo
Organizado por estudantes da Universidade de Vigo, o Foro Tecnolóxico de Emprego celébrase o 11 e 12 de marzo e busca facilitar a interacción entre empresas e futuros titulados no ámbito tecnolóxico. Gradiant contará cunha caseta onde as persoas asistentes poderán coñecer de primeira man as oportunidades laborais e proxectos en marcha. Ademais, o centro tecnolóxico vigués animará ao alumnado a acudir á caseta de seu porque “sorteamos un iPad para as primeiras 90 persoas que se inscriban”.
Por outra banda, os investigadores de Gradiant Naoufal Elazzouzi e Carlos Riggio dirixirán o taller Máis aló do Firewall, será o día 11 ás 11:30h. O 12, ademais do sorteo, o centro participará na mesa redonda Detrás do Recrutamento: claves para destacar nun proceso de selección e ás 15:30h estaremos na sesión de speed recruiting.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?