Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPeme+ vén esta semana con media ducia de obradoiros tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPeme+ vén esta semana con media ducia de obradoiros tecnolóxicos

S. P.
Publicado: 10/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

smartpeme_deputacion_pontevedra-7.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta semana seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+ de formación e capacitación tecnolóxica para persoas autónomas e pequenas e medianas empresas. As accións, en formato tanto presencial como telemático, celebraranse entre este luns 10 e o xoves 13 de marzo e afondarán en cuestións como son a ciberseguridade, WordPress, Instagram para principiantes, a escritura persuasiva publicitaria para empresas turísticas, o almacenamento na nube e a cultura sostible e a responsabilidade social. Todas as accións requiren inscrición previa.
O luns 10 ás 11:00 horas celebrarase un obradoiro telemático sobre ciberseguridade, antivirus e actualización de software (inscricións no formulario habilitado). Será a primeira lección dun formato breve, de arredor de 30 minutos, que facilitará unha aprendizaxe fácil e progresiva. Nesta primeira clase falarase sobre contramedidas, a necesidade de actualizar o software para corrixir vulnerabilidades e a utilización e elección de antivirus. Estará impartido polo asesor do Centro Provincial de Economía Dixital de Barro Manuel Tornos.
O martes 11 ás 12:00 horas, tamén telemático, terá lugar a primeira lección sobre creación de páxinas profesionais con WordPress (inscricións no formulario específico). Na xornada abordaranse as posibilidades que ofrece WordPress, os pasos para crear un sitio web, e mais o seu deseño, desenvolvemento e xestión. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas con posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas.
O mércores 12 haberá dous obradoiros. O primeiro deles, telemático ás 9:30 horas, versará sobre copywriting (escritura persuasiva publicitaria) para empresas turísticas (inscricións abertas na Rede). Será introdutorio nas técnicas de escritura a aplicar para crear textos que vendan mellor os servizos neste sector, a través de palabras que conecten cos viaxeiros co fin de convertelos en clientes do destino, aloxamento ou actividade turística. Está impartido por Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo.
Tamén o mércores, de carácter presencial ás 17:00 horas na oficina de Ponteareas, ofrecerase un obradoiro sobre almacenamento na nube (inscricións abertas en liña). A acción orientará as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na Internet, tendo en conta que o uso desta ferramenta permite ás empresas reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados. O obradoiro será impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa.
O xoves haberá outros dous obradoiros, o primeiro deles sobre Instagram para principiantes, de xeito telemático ás 12:00 horas (inscricións no formulario habilitado en liña). Esta acción abordará cada unha das opcións que ofrece a nivel visual, de contidos e tendencias. Na primeira sesión os contidos serán os tipos de conta, a optimización do perfil ou contidos básicos, entre outros. Será impartido por Lara Taboada, licenciada superior en Educación Artística en Deseño Gráfico.
Por último, o xoves ás 17.00 horas celebrarase na oficina SmartPeme+ de Vigo unha acción sobre impulso da cultura sostible e a responsabilidade social (inscricións abertas na Rede), enfocada especialmente a pemes pola súa proximidade coa contorna e a clientela. O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co medre empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?