Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Esta primavera Vitae achéganos á linguaxe DAX e a ferramenta interactiva Power BI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Esta primavera Vitae achéganos á linguaxe DAX e a ferramenta interactiva Power BI

S. P.
Publicado: 11/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dax_avanzado_vitae_2.jpgA linguaxe DAX (Data Analysis Expressions) está especialmente presente no ámbito actual da programación, e coñecer os seus segredos é fundamental para a creación de ferramentas e proxectos tecnolóxicos de toda índole. Trátase dunha escolma de códigos, funcións, constantes e expresións de fórmulas que se emprega en Analysis Services, Power BI e Power Pivot en Excel e que axuda a crear información nova de datos nun modelo previo. Botar luz sobre esta linguaxe e permitirnos manexala con soltura é o gran obxectivo do Curso DAX Avanzado para Power BI da firma galega Vitae Consultores, que chega á súa cuarta edición esta primavera, en formato de aula virtual: os días 22 e 29 de abril, os días 6, 13, 28 de maio e o día 4 de xuño.
Serán 18 horas de formación sobre unha linguaxe que permite ir máis alá dunha simple xestión para meternos de cheo no eido da análise intelixente da información.
No curso porase o foco a maiores en Power BI, a ferramenta interactiva de visualización de datos desenvolvida por Microsoft para o ámbito da intelixencia empresarial.
dax_avanzado_power_bi_vitae.jpgNun plano máis específico esta actividade formativa pon o foco en axudarnos a entender o alcance da devandita linguaxe, amais de dominala, xa que, como ben teñen sinalado os dous grandes gurús desta metodoloxía de traballo, Marco Russo e Alberto Ferrari, “DAX é simple pero non sinxelo”.
A consultora galega Vitae explica que non se trata dunha actividade formativa de Power BI en xeral, “se ben todo o curso realizarase en Power BI e se ben comentaremos aspectos do seu ecosistema, gran parte do contido podería aproveitarse en Excel, dende Power Pivot”. Amais, engade, tampouco se trata dun curso centrado exclusivamente en Power Query nin tampouco é un obradoiro monotemático sobre integración de datos, pero iso si, “cumprirá conectar os datos do exemplo e comentar as diferencias de realizar operacións dende ETL ou dende DAX”, apuntan dende Vitae. Ademais, o curso irá máis alá de formarnos en modelado de datos (aínda que en algún intre será preciso entendelo e comprobar as relacións e opcións que se poden propor) e das visualizacións e a creación de dashboards (malia que dalgún xeito haberá que ir comprobando o que se vai realizando).
En definitiva, trátase dunha actividade formativa na que se mostrará como crear medidas ou métricas que sexan de utilidade para responder ás preguntas de negocio que poidan ir xurdindo.
Estes son os obxectivos do curso, punto por punto:
-Entender a linguaxe DAX.
-Utilizar as principais funcións e coñecer os seus posibles usos.
-Crear medidas con boas prácticas.
-Comprender o contexto e ser capaces de modificalo.
-Amosar programas auxiliares que axuden a facilitar as tarefas ou dean novas alternativas.
-Aplicar diferentes técnicas para situacións diversas que se poden propoñer nun dashboard
dax_avanzado_vitae_1.jpgO curso será impartido por Alejandro Ayala, formador e consultor de Power BI, con longa experiencia nesta ferramenta e en achegar recursos formativos sobre a mesma (dende hai máis de 5 anos). Alejandro está recoñecido como Microsoft Certified: Data Analyst Associate, Lean SixSgmaGreen Belty e máster en Business Intelligence e en Loxística Integral. Experto en Microsoft Power BI, Certificado MVP de Microsoft, o que o acredita como uns dos mellores expertos recoñecidos por Microsoft en Power BI en España, ademais impartiu formación a diversas empresas tanto a nivel nacional como internacional. É co-organizador da comunidade Power BI de Barcelona con máis de 1.400 membros e que organizan eventos e relatorios de prestixio nacional e internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?