Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Hackathon Navantia Next Pioneers reta esta semana a 45 estudantes de Enxeñaría no Campus de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Hackathon Navantia Next Pioneers reta esta semana a 45 estudantes de Enxeñaría no Campus de Ferrol

S. P.
Publicado: 11/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hackathon_navantia_next_pioneers_udc_campus_ferrol_2.jpgA cuarta edición da proba colectiva Hackathon Navantia Next Pioneers celebrarase ao longo desta semana e farao retando a 45 estudantes de Enxeñaría do Campus de Ferrol (UDC) a atopar solucións innovadoras para os principais desafíos tecnolóxicos da industria naval. A proba comezará este xoves 13 de marzo, ás 14:30 horas, no edificio da Exposición Permanente do estaleiro, e logo continuará, como en anteriores edicións, no Campus Industrial de Ferrol.
Entre os estudantes da Universidade da Coruña (UDC) seleccionados para participar nesta cuarta edición do Hackathon Navantia Next Pioneers figura alumnado dos últimos cursos do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto e do mestrado en Enxeñaría en Deseño Industrial, titulacións que se imparten na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI). Do mesmo xeito, tamén participa neste reto alumnado do grao en Enxeñaría Mecánica, do grao en Enxeñaría Naval e Oceánica, do grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, do grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, do programa de Simultaneidade do grao en Enxeñaría Mecánica e do grao en Enxeñaría Naval e Oceánica, así como do mestrado en Enxeñaría Naval e Oceánica e do mestrado Erasmus Mundus en Sostibilidade e Industria 4.0 aplicada ao Sector Marítimo (SEAS 4.0), todos eles estudos vinculados á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).
En palabras do Campus, “o evento preséntase como unha oportunidade única para innovar, crear, aprender, colaborar e demostrar talento”.
hackathon_navantia_next_pioneers_udc_campus_ferrol.jpg Navantia e o Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e máis coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), presentan un espazo no que experimentar coa transformación dixital e as tecnoloxías intelixentes (SmartTech). Ao longo das 24 horas que dura esta quedada de desafíos, as persoas participantes, divididas en pequenos grupos de traballo multidisciplinares, contarán co apoio de profesionais do sector naval e da enxeñaría para acadar a solución do reto proposto.
Do mesmo xeito, os e as participantes recibirán dúas charlas motivadoras impartidas por persoal de Navantia co obxectivo de animalos e animalas a continuar traballando a contra reloxo na procura desa solución innovadora.
O xurado estará composto por persoas expertas e profesionais da industria designados por Navantia, pola Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e máis pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). Tal e como se recolle nas bases do Hackathon Navantia Next Pioneers, este xurado valorará, entre outros, o grao de adecuación e impacto da solución do problema, o grao de creatividade e innovación da idea, a súa viabilidade tanto técnica como económica así como a calidade e a claridade da súa exposición. Os e as integrantes do equipo gañador obterán unha bolsa de formación dun ano de duración en Navantia Ría de Ferrol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?