Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 51 empresas recrutan o talento tecnolóxico da Universidade de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

51 empresas recrutan o talento tecnolóxico da Universidade de Vigo

S. P.
Publicado: 12/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

tecnoloxico_emprego_uvigo_foro_foro10.jpgA celebración do 25 aniversario do Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo arrincou este martes 11 de marzo consolidándose, segundo informaron fontes do Campus, como o evento máis importante deste tipo que se celebra en toda España e, en palabras do seu coordinador xeral, Iago Vázquez, “incluso en Europa”. A feira, centrada nas enxeñarías, é impulsada integramente por e para estudantes e nela participan 51 compañías de todos os sectores tecnolóxicos, dez máis que o ano pasado.
Detrás desta iniciativa está un equipo de coordinación formado por 17 estudantes das tres escolas de Enxeñaría do campus de Vigo (EE Industrial, EE de Telecomunicación e EE de Minas e Enxería) que, coa colaboración doutros 139 alumnos e alumnas, fixeron realidade esta 25 edición.
tecnoloxico_emprego_uvigo_foro_2_foro1.jpgA cita arrancou cun acto institucional na EE de Telecomunicación, na que Iago Vázquez, coordinador xeral do Foro Tecnolóxico de Emprego, salientaba que para o alumando da UVigo este evento é “unha oportunidade única, na que poderán achegarse a empresas co obxectivo de construír as súas carreiras profesionais e dar o primeiro paso cara o seu futuro laboral”.
Pola súa banda, Patricia Leal, fundadora do primeiro Foro Tecnolóxico de Emprego en 2001 e actualmente responsable global de Social Services at Minsai (Indra) agradeceu a todos os equipos de organización ter mantido “a chama do foro viva, non podo estar máis orgullosa da miña Universidade, da calidade humana e profesional dos enxeñeiros que aquí se forman”.
tecnoloxico_emprego_uvigo_foro_3.jpgO reitor Manuel Reigosa tamén deu os parabéns ao alumnado e ás empresas participantes pola súa implicación e salientou a importancia das novas xeracións de profesionais para construír unha sociedade máis xusta. Para facelo, destacaba Reigosa, “precísase talento, que xa sabemos que o tedes; esforzo, que tamén o tedes, porque unha titulación nunha universidade pública non se regala; e visión, que agardo que a teñamos para crear unha Europa que poida ter unha voz no planeta”.
No acto de apertura tamén estiveron presentes a docente concelleira Ana Mejías, en representación do Concello de Vigo e David Regades, delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca. Ambos puxeron en valor a importancia da educación pública e da formación de calidade para contar con profesionais capacitados que lideren o futuro de Europa.
tecnoloxico_emprego_uvigo_foro_4.jpg Xunto con eles, asistiron tamén a este acto os representantes das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo, en concreto Elena Alonso, directora da EE de Minas e Enerxía; José Fariña, director da EE Industrial; Pedro Rodríguez, subdirector da EE de Telecomunicación.
Dende primeira hora da mañá e ata última hora do mércores, as escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñería Industrial e de Enxeñaría de Minas e Enerxía acolleron relatorios e mesas redondas, pero sobre todo obradoiros e dúas sesións de speed recruiting, un formato de entrevistas curtas con representantes de empresas, que adoita ser unha das actividades que ten máis éxito entre o alumando.
tecnoloxico_emprego_uvigo_foro_5.jpgCon todo, o eixe central do foro é a feira de emprego con 51 postos doutras tantas compañías, dende grandes multinacionais e empresas estranxeiras ata firmas galegas e da área metropolitana de Vigo, “un récord histórico do foro”. Entre as empresas presentes, que buscan captar talento na UVigo están Borgwarner, Applus, EGATEL, FINSA, Gradiant, Oesía, Indra, KPMG, Marine Instruments, Norvento, Optare Solutions, CEAGA, COREN, Profand, Marine Instruments, Televés ou a spin-off da UVigo Alén Space.
tecnoloxico_emprego_uvigo_foro_6.jpgUnha das novidades desta edición de aniversario é a extensión a todos os Campus da UVigo, polo que por primeira vez o Foro Tecnolóxico de Emprego conta coa asistencia de estudantes de Ourense e Pontevedra, procedentes das escolas de Enxeñaría Informática, Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, Enxeñaría Agraria e Enxeñaría Forestal. Por este motivo, apostouse por buscar a implicación de empresas de todos os eidos da enxeñaría e as tecnoloxías, para que “todos os sectores estean cubertos”.
Se esta edición é de récord pola cantidade de empresas participantes, a organización agarda que tamén o sexa no que atinxe ao alumnado. O obxectivo é superar as cifras do 2024, ano no que o Foro Tecnolóxico de Emprego contou con 1200 participantes e máis de 300 currículos entregados a empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?