Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acolle a presentación do programa AddVenture da UDC e USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acolle a presentación do programa AddVenture da UDC e USC

S. P.
Publicado: 12/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

addventure_citic.jpgA sede do CITIC da UDC (Campus de Elviña) acolleu esta semana a presentación da 3ª edición de AddVenture, programa de emprendemento e innovación promovido polos Consellos Sociais das universidades da Coruña e Santiago (USC). Presentouse no marco do almorzo de traballo Innovación no sector inmobiliario: a aposta de PhotoIlike pola IA e o emprendemento. Púxose o foco no fortalecemento experimentado para esta terceira convocatoria, ao sumarse o apoio da USC nunha iniciativa impulsada dende 2021 polo Consello Social da UDC. O obxectivo é chegar a máis persoas que “queiran dar un impulso real á súa idea de negocio”.
Ao encontro asistiron representantes dos vicerreitorados de ambas universidades, responsables de transferencia do coñecemento, centros de investigación e do ecosistema emprendedor galego co obxectivo de fortalecer a conexión entre a universidade, a empresa e a innovación. No encontro interviñeron o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín; a presidenta do Consello Social da USC, Cecilia Sierra Rey; a directora de Procesos de Innovacción e Emprendemento en Corporacións en TeamLabs, Irati Lekue, e o co-fundador e responsable de investigación de PhotoIlike, Juan Jesús Romero Cardalda, que tamén é investigador do CITIC.
Segundo explicaron, trátase da primeira vez que os Consellos Sociais de ambas universidades suman esforzos nesta iniciativa para “ampliar o seu impacto e reforzar o seu compromiso coa formación práctica para graduados, licenciados, egresados, postgraduados e profesionais que queiran dar un impulso real á súa idea de negocio”.
addventure_citic_2.jpgDesde 2021, AddVenture capacitou a máis de 50 persoas emprendedoras e máis de 20 proxectos, consolidándose como referente na formación para o emprendemento en Galicia.
Este programa de emprendemento e innovación é gratuíto e está financiado e certificado polos Consellos Sociais da UDC e a USC.
Está dirixido a graduados, licenciados, egresados e postgraduados universitarios, microempresas e profesionais que queiran lanzar ou facer crecer o seu negocio cun enfoque práctico e estratéxico. Ten unha duración de tres meses e 265 horas de formación en sesións en liña en directo e encontros puntuais presenciais (hackaton e peche) para facilitar a aprendizaxe e a interacción con expertos.
Consiste nun curso práctico e de aplicación directa no propio proxecto utilizando a metodoloxía do grao oficial universitario LEINN (Liderazgo Emprendedor e Innovación), realizado por TeamLabs, o laboratorio de aprendizaxe de Mondragon Unibertsitatea. AddVenture combina formación, mentoring e networking para que os participantes poidan validar a súa idea, mellorar a súa estratexia e desenvolver as súas competencias en liderado, vendas e dixitalización.
As inscricións estarán abertas ata o 28 de marzo. Están dispoñibles 30 prazas. Outorgaranse ás diferentes candidaturas previa entrevista co comité de selección, que valorará o background académico e profesional da candidatura; ademais, terase en conta a nota media do expediente académico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?