Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ribeira achega en abril novas probas, obradoiros sénior e un campamento tecnolóxico para a rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ribeira achega en abril novas probas, obradoiros sénior e un campamento tecnolóxico para a rapazada

S. P.
Publicado: 13/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

francisco_suarez_puerta_concelleiro_ribeira.jpgDespois dun intenso Entroido Dixital e debido á grande demanda dos alumnos e alumnas na procura de formación dixital de utilidade, a Aula CeMIT de Ribeira presenta novos cursos xunto cun obradoiro para a Semana Santa Dixital. A presentación destes cursos correu a cargo do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta, que informou de todas as actividades e cursos polo miúdo.
O programa inclúe a celebración dun campamento dixital para rapaces de 12 a 14 anos (impartido por Cibervoluntarios e encadrado, precisamente, na Semana Santa Dixital).
O concelleiro puxo en valor e agradeceu o traballo que se está facendo dende a Aula CeMIT de Ribeira “que vén de ser elixida xunto a Cuntis as aulas máis activas de Galicia”.
Venres, día 4 de abril
Exame para acadar a certificación COMDIX (Certificado de Competencias Dixitais, nivel Iniciación). Esta proba vén con dúas quendas: de 10:00 a 12:00 h e de 12:00 a 14:00 ho horas.
Semana do luns 07 ao venres 11
Curso intensivo de LibreOffice nivel medio (10 horas), a desenvolver con horario de 10.00 a 12.00 horas (para persoas que xa parten dun mínimo de nivel de LibreOffice). Inclúe contidos de Writer (nivel medio), Calc (nivel medio), Base (nivel mdio) e Impress (nivel medio).
Días 14, 15 e 16 de marzo de abril
Semana Santa Dixital. Actividade formativa a desenvolver de 10:00 a 13:00 horas. Inclúe un Campamento Dixital impartido por Cibervoluntarios e para rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Porase o foco en hábitos saudables de desconexión e benestar dixital; uso consciente e responsable de Internet e redes sociais; recomendacións sobre protección de datos, identidade dixital e reputación en liña; coidado da privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais; e detección e prevención de situacións de ciberacoso.
Xoves 24 de abril
aula_cemit_ribeira_francisco_suarez_puerta.jpg En horario de 10:30 a 11:30 horas celebrarase un obradoiro impartido por FEGAUS (Canal Sénior) para persoas maiores: Iniciación á improvisación: socializa e activa a túa mente. As charlas e obradoiros están orientados a persoas maiores de 55 anos, e co obxectivo de axudar a mellorar a calidade de vida con actividades que falan de benestar, cultura, tecnoloxía, saúde física e mental, viaxes e emprendemento sénior. Neste obradoiro, haberá varios módulos: Aprender a quentar, a despertar a memoria e a concentración; Expresión corporal e oral a través das emocións; Breve explicación e partes dunha improvisación; Creación e circunstancias do personaxe no momento da acción; e Exercicio final de improvisación.
Venres, día 25 de abril
En horario de 11:00 a 13:00 horas celebrarase o Exame da Plataforma EMA. É un conxunto de probas que se teñen que facer de forma presencial nas aulas CeMIT, exclusivas para as persoas que terminaron os cursos de teleformación na plataforma EMA, Espazo Multimedia de Aprendizaxe, que é unha plataforma de auto-formación na que, a través da páxina de formación da Rede CeMIT, os usuarios poden facer cursos online con dereito a diploma. Unha vez rematados os cursos (un ou máis de un), para acadar dito diploma deben facer o/os exame/s nunha Aula CeMIT o día que a Aula teña reservado para o exame da Plataforma EMA.
O concelleiro rematou incidindo na importancia dos Campamentos Dixitais para nenos e nenas “con vistas a que interioricen a formación para posibles ameazas na Rede; saber como comportarse e saber prever situacións de ciberacoso”. Rematou anunciando que “pouco a pouco irase subindo de nivel con cursos diferentes que enriquecerán o panorama dixital do concello”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?