Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Miguel Corgos e Julián Cerviño debullan a transformación industrial galega no foro de IA Nexus Business Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Miguel Corgos e Julián Cerviño debullan a transformación industrial galega no foro de IA Nexus Business Vigo

S. P.
Publicado: 13/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gl6wti-w8aa9a8b.jpgA IA Nexus Business Vigo celebra este xoves 13 de marzo no Consorcio da Zona Franca de Vigo o foro A IA, o teu socio estratéxico, un evento informativo que busca achega ás empresas as ferramentas, o coñecemento e a confianza que precisan para empregar a Intelixencia Artificial e transformar os seus negocios. Esta cita vai, dirixida a empresas de formación IA, consultorías de IA, institucións empresariais, holdings tecnolóxicos e empresas tecnolóxicas, foi inaugurada a primeira hora polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, quen destacou o compromiso da Xunta cunha IA que “impulse o desenvolvemento da industria galega”.
Nesta liña, recordou que no mes de xaneiro publicáronse as bases que regulan as axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da IA co obxectivo de mellorar a actividade económica e industrial das empresas e a súa competitividade, así como integrar a intelixencia artificial nas súas cadeas de valor. Durante a súa intervención, Corgos trasladou o seu convencemento de que no proceso de adaptación da economía a unha nova realidade condicionada pola IA e o resto de tecnoloxías de alto impacto, “Vigo e a súa industria serán esenciais”.
O titular de Facenda tamén fixo fincapé no compromiso da Xunta co desenvolvemento dunha IA de vangarda a través de iniciativas que axuden a desenvolver esta tecnoloxía, como a instalación na comunidade de contornas de probas para garantir a calidade dos sistemas, a súa seguridade e o seu respecto polos dereitos das persoas. Como “proba deste papel facilitador e regulador”, lembrou que Galicia foi “a primeira rexión de Europa en presentar un proxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial, unha norma que non só regulará o seu uso na Administración e nos servizos públicos, senón que tamén establece os mecanismos de promoción e apoio á implantación de sistemas de IA por parte das empresas”, comentou.
Na cita de Vigo tamén participou arreo o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, que interveu na mesa redonda sobre A Intelixencia Artificial como oportunidade de desenvolvemento industrial destacando a importancia da Lei para o desenvolvemento e impulso deste tipo de tecnoloxías disruptivas en Galicia que debate o Parlamento e resaltando que a lei prevé medidas de carácter económico e fiscal para as empresas, o fomento da investigación e a innovación, así como medidas de formación e capacitación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?