Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Román Rodríguez visita en Madrid o centro de formación tecnolóxica da ONCE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Román Rodríguez visita en Madrid o centro de formación tecnolóxica da ONCE

S. P.
Publicado: 13/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

roman_rodriguez_20230313once3.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou este xoves 13 de marzo, en Madrid, as instalacións de Por Talento Digital, un centro pioneiro da Fundación ONCE dedicado á formación tecnolóxica adaptada para persoas con discapacidade.
Este servizo, que traballa para mellorar a inclusión e a empregabilidade destas persoas no sector tecnolóxico, ofrece programas de formación en áreas como desenvolvemento web, robótica e Intelixencia Artificial.
roman_rodriguez_once_madrid.jpgNa visita, na que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, o conselleiro foi recibido polo director xeral da Fundación ONCE, José Luis Martínez, a quen agradeceu o convite por parte da organización para achegarse a coñecer este proxecto.
O titular de Educación gabou as posibilidades desta iniciativa e a disposición da Consellería para explorar novas vías de colaboración enfocadas a mellorar a atención educativa ao alumnado con discapacidade para afianzar o liderado de Galicia como Comunidade máis inclusiva do Estado.
roman_rodriguez_20250313once2.jpgPor Talento Digital é un programa de formación permanente orientado á mellora dos coñecementos e as competencias dixitais e tecnolóxicas das persoas con discapacidade, e en consecuencia da súa empregabilidade, a través da formación. Este programa ponse en marcha baixo a coordinación e financiamento da Fundación ONCE e das súas asociacións Inserta Emprego e Inserta Innovación, e o apoio do Fondo Social Europeo, coa convicción conxunta desta aposta pola formación en contidos dixitais e profesións tecnolóxicas altamente demandadas no mercado de traballo presente e futuro.
roman_rodriguez_20250313once1.jpgO programa realiza formación presencial e virtual en todo o territorio español e, desde novembro 2021, abriu un primeiro centro de formación propio en Madrid que está situado na zona de Embaixadores. A nosa sede está equipada tecnoloxicamente con todo o necesario para a aprendizaxe híbrida e colaborativa, e o hub conta cunha gran pantalla que proporciona unha calidade de imaxe e son diferencial e unha experiencia envolvente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?