Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone conectará 36 novos concellos galegos á súa 5G, chegando a un total de 255
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone conectará 36 novos concellos galegos á súa 5G, chegando a un total de 255

S. P.
Publicado: 13/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_foto2plaza.jpgVodafone España compartiu máis detalles da súa folla de ruta para ampliar a rede 5G en Galicia, sendo o obxectivo a curto prazo “ofrecer unha conectividade máis rápida, estable e eficiente” a 36 novos municipios, alcanzando un total de 255 municipios galegos coa súa rede 5G.
A operadora engade que este avance supón superar os compromisos de despregadura inicialmente previstos e que forma parte do plan da compañía de alcanzar ao 90 % da poboación e conectar máis de 3.700 municipios en España antes do 31 de decembro de 2025.
No seu balance de obxectivos Vodafone detalle que para esta despregadura emprega a frecuencia 5G de 700 MHz con vistas a mellorar a cobertura especialmente en interiores de edificios, proporcionando gran dispoñibilidade de largo de banda e de transmisión de datos, “o que supón unha enorme vantaxe en contornas rurais e pequenas localidades”.
Grazas a esta tecnoloxía, os usuarios poderán descargar contidos 5 veces máis rápido que coa rede 4G, gozar de mellor cobertura e servizo en interiores, e experimentar unha latencia reducida, o que facilita o acceso aos contidos. Con esta implementación, engade a operadora, “non só melloramos a calidade da conectividade, senón que tamén contribuímos a reducir a brecha rural e impulsar a transformación dixital das empresas”.
“A rede 5G chegará este ano a 36 novos municipios galegos, ata un total de 255, co obxectivo de reducir a fenda dixital e proporcionar conectividade para todos, creando unha contorna que favoreza o desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras que impacten positivamente no día de día das persoas, das empresas e das administracións” destacou Julia Velasco, Directora de Tecnoloxía e Operacións de Vodafone España.
Os municipios que comezarán a gozar de conectividade 5G son:
A Coruña – Boimorto, Dumbría, Frades, Mazaricos, Muxía, Santiso, Vedra.
Pontevedra – Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Cuntis, Fornelos de Montes, Agolada, A Guarda, Moraña, Ponte Caldelas, O Rosal, Silleda, Tomiño.
Ourense – Amoeiro, Avión, Bande, Cortegada, Cualedro, A Gudiña, Oímbra, Padrenda, A Pobra de Trives, San Amaro, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio.
Lugo – A Fonsagrada, Ourol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?