Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O reto de ser galegofalante nas redes sociais centrou unha xornada en Filoloxía e Tradución (UVigo)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O reto de ser galegofalante nas redes sociais centrou unha xornada en Filoloxía e Tradución (UVigo)

S. P.
Publicado: 14/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

8m_galegofalantes_redes_socias_xornada_fft1.jpgNo marco das actividades de conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo acolleu este xoves 13 de marzo unha xornada sobre novas perspectivas feministas centrada no papel da muller galegofalante nas redes sociais.
Esta iniciativa, impulsada por dúas estudantes de 4º curso do Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española, Sara Castro e Silvia Trabazos, tiña como obxectivo “dar a coñecer o labor das mulleres no medio dixital”. Para iso contaron coa creadora de contidos @todomalva gz coa que conversaron sobre os principais retos e dificultades que se atopa no desenvolvemento da súa tarefa creativa, tanto polo feito de ser muller como por escribir en galego.
Segundo salientaron, a cita foi “un éxito de público”, coa participación de profesorado e, tamén, numeroso alumnado do centro, xa que se trataba dunha proposta pensada para o público máis novo e centrada nas redes sociais, “pois nestes días Twitter, Instagram e TikTok forman parte da nosa cotiandade”, explicaban as organizadoras, engadindo que o público puido comprobar, a través da figura de Malva, como “algúns comentarios en redes que en principio non parecen misóxinos fundaméntanse sobre a crenza de que vale máis o que fan os homes e constitúen, pois, unha depreciación da creación por parte das mulleres”.
No debate tamén se puxo en valor o factor lingüístico nas creadoras de contido en galego, “pois nestes tempos é moi importante traballarmos a prol da revitalización da lingua galega e nós, como estudantes de Filoloxía Aplicada Galega e persoas comprometidas co galego cremos que temos o deber de intentar crear entre o público xuvenil propostas que leven por bandeira a lingua galega”, explicaban as estudantes.
Sara Castro e Silvia Trabazos, recoñecen sentir un “compromiso por transmitir a lingua a outras xeracións e por intentar reverter a situación sociolingüística na que se atopa o galego” pero neste contexto sofren a dobre presión de seren mulleres, “pois recibimos máis críticas por vivirmos na nosa lingua ca un home galegofalante da nosa idade”.
Engadiron que “ería interesante que dende os centros educativos se tomasen medidas, fomentando o uso das redes sociais en galego e ensinando que son un lugar onde todas as persoas e todas as linguas teñen cabida. Para isto, tamén é importante que os medios e os creadores de contido fomenten e difundan contido orixinal, que saia do convencionalismo de sempre, e que sexa capaz de atraer a atención de todo o público xuvenil”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?