Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R e o Círculo seguirán formando as empresas galegas en innovación, tecnoloxía e sustentabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R e o Círculo seguirán formando as empresas galegas en innovación, tecnoloxía e sustentabilidade

S. P.
Publicado: 14/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

circulo_-_r_3.jpgDespois de anos de alianza, a operadora galega de telecomunicacións R vén de renovar o convenio co Círculo de Empresarios de Galicia co obxectivo de seguir impulsando proxectos e accións de valor para o tecido empresarial galego. Segundo explicaron as dúas entidades, “este ano 2025 revalida a confianza mutua e o compromiso do Círculo e de R mediante vías de colaboración que potencian o desenvolvemento socioeconómico da comunidade e preparan as empresas galegas para competir en calquera mercado mundial”.
María Borrás, presidenta do Círculo, e Alfredo Ramos, director de R e de MasOrange en Galicia, asinaron xa o acordo que converte a operadora galega en patrocinadora institucional da entidade tamén este ano.
Para o Círculo, a renovación deste convenio de carácter estratéxico reafirma a súa aposta pola formación do empresariado do territorio, que volve contar cun socio tecnolóxico galego como asesor dixital dos membros da entidade. María Borrás incidiu en que “este acordo é prioritario para nós porque no Círculo exercemos de panca para a transformación dixital do noso tecido produtivo, e para logralo temos o mellor aliado estratéxico, R e MasOrange”.
Pola súa banda, Alfredo Ramos, manifestou que “de novo, estamos moi contentos de colaborar co Círculo para promover proxectos e accións que fomentan o espírito emprendedor e a mellora continua do tecido socioeconómico galego. Levamos máis dunha década traballando na transformación dixital das empresas da comunidade, acompañándoas no proceso, a carón do Círculo, e este ano queremos seguir avanzando con elas nos temas máis vinculados á innovación e á sostibilidade”.
circulo_-_r_2.jpgComa en anos anteriores, R e o Círculo porán en marcha un programa de actividades dirixidas a directivos e empresarios de Galicia, profesionais libres ou representantes de organismos públicos. Ao longo de 2025 desenvolveranse eventos centrados na innovación tecnolóxica e na sostibilidade, ao compás das tendencias e vangardas que marcan os nosos días.
-Encontros de innovación e tecnoloxía. Ciclo de tres xornadas públicas-mesas redondas conducidas por R para tratar tendencias do mercado e a transformación das empresas coa incorporación definitiva das novas tecnoloxías. Serán a segunda edición do encontro IA. Intelixencia Artificial, o futuro e as primeiras de Mundo Dixital e Martech: fusión de Márketing e Tecnoloxía. O negocio na era dixital.
-Conversas estratéxicas dixitais con directivos de empresas. R leva tamén a batuta de Dous+un directo: achegando o futuro, ciclo de tres encontros virtuais interactivos e dinámicos nos que dous empresarios ou directivos representativos compartirán coa audiencia unha conversa estratéxica e, á vez, práctica e próxima, sobre temáticas de referencia. Falarán en clave de presente e sobre todo, ao futuro, dinamizados por un moderador de R que exercerá como entrevistador/a.
-I Foro anual de Sostibilidade. Encontro empresarial onde, baixo o título A sostibilidade empresarial: a linguaxe das empresas con futuro, R ofrecerá a súa colaboración para abordar a importancia da sostibilidade nas empresas e o seu impacto nos negocios. Será un evento en formato híbrido, virtual e presencial en contido, relatores e público, para lograr un maior acceso, alcance e impacto da xornada.
Ademais destas accións, R estará presente institucionalmente na web do Círculo, como vén facendo dende hai anos, e continuará sendo asesor dixital dos socios da entidade. “Todo iso, a prol do seu compromiso co desenvolvemento socioeconómico de Galicia, en particular, e co avance da comunidade en todos os niveis, en xeral”, explicaron fontes da operadora galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?