Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: UARX (Nigrán) presenta Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital español
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

UARX (Nigrán) presenta Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital español

S. P.
Publicado: 14/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uarx_space_zona_franca_vigo.jpgOssie, o que sería o primeiro vehículo de transferencia orbital de fabricación española e un dos cinco que existen no mundo, creado no parque empresarial da Zona Franca en Porto do Molle (Nigrán), será lanzado ao espazo no segundo semestre deste ano. Farao cargado de satélites que serán despregados en diferentes órbitas. Así o fixeron saber este venres 14 os responsables da empresa UARX, con sede no Porto do Molle.
Nunha visita á nave de UARX, o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, acompañado da conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, o alcalde de Nigrán, Juan González e a directora de IGAPE, Covadonga Toca, coñeceron de primeira man os detalles de Ossie, que está en período de montaxe, para o que a empresa que lideran Yanina Hallack e Andrés Villa ten todo ultimado para o seu lanzamento nun foguete Falcon 9 desde a base aérea de Vandenverg, en California.
uarx_3.jpgOs responsables de UARX, que fabrica todas as súas pezas en Porto do Molle con provedores locais, sinalaron que o primeiro voo de Ossie xa está completo. A súa misión, que durará dous anos e que conta con clientes de sete países, será transportar a bordo nanosatélites que despregará en diferentes órbitas. Explicaron tamén que “o éxito internacional deste sistema de transporte, que utiliza propulsión propia e combustible ecolóxico, tivo tan boa acollida que xa traballamos no Ossie2, porque temos media ducia de contratos internacionais en lista de espera para conseguir praza”.
O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, manifestou “un gran orgullo ante o imparable desenvolvemento de UARX, unha empresa criada e desenvolvida connosco en Porto do Molle e que agora mesmo está considerada pola propia NASA como unha das dez empresas máis innovadoras en tecnoloxías para naves espaciais pequenas”. O delegado lembrou o camiño dos 8 anos de existencia de UARX “primeiro na incubadora do noso Edificio Aeroespacial, desenvolvida despois o apoio financeiro da nosa sociedade de capital-risco Vigo Activo, e agora nunha nave do Consorcio onde segue traballando e onde estamos seguros que se seguirá expandindo”. Regades puxo á compañía como o mellor exemplo de “como unha boa idea, acompañada do talento e do traballo dos seus impulsores e apoiada por administracións públicas como é o caso da Zona Franca, consegue resultados como estes. É moi gratificante, dixo, comprobar que a nosa aposta pola colaboración público-privada é o camiño correcto”.
UARX Space naceu nunha pequena oficina que foi acollida pola incubadora de Zona Franca no Edificio Aeroespacial de Porto do Molle, cuxo acondicionamento se financiou con fondos FEDER a través da Fundación INCYDE. A empresa, seguindo coa súa estratexia de crecemento e de negocio, trasladouse posteriormente a unha nave de máis de mil metros que alugou ao Consorcio no Parque Empresarial. Alí traballa actualmente un persoal de 15 profesionais de enxeñerías que queren ampliar este ano. O pasado verán, a firma viguesa xa alcanzara proxección internacional na carreira espacial europea con RAMI, o primeiro dispensador de nanosatélites fabricado en España, que viaxou na misión do Ariane 6. Foi a primeira empresa española en lanzar nanosatélites ao espazo, un fito para a soberanía espacial de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?