Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Arquivo Municipal de Vilagarcía dixitaliza máis de 200 postais da cidade e súbeas ao portal Atopo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Arquivo Municipal de Vilagarcía dixitaliza máis de 200 postais da cidade e súbeas ao portal Atopo

S. P.
Publicado: 17/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vilagarcia_postais_dixitalizacion_2.jpgUn xeito de salvagardar a memoria dun pobo son as imaxes, as fotografías, os filmes, as postais… Son as postais as protagonistas dunha nova iniciativa do Arquivo Municipal de Vilagarcía, no que veñen de realizar o proceso de dixitalización dunha colección de 234 postais que se atopan no Concello. Trátase dunha viaxe á Vilagarcía da primeira metade do século XX, cando a Praza de Galicia era Puerta del Sol ou a rúa Valentín Viqueira era a rúa Comercio. Nesta colección tamén hai algunhas imaxes doutros concellos da contorna, como A Illa de Arousa ou O Grove.
Indo á colección de postais, dicir que está agrupada segundo as temáticas (rúas, igrexas, mercado, praias, Illa de Cortegada…) e conta cunha sinatura e edición moi variada. Así, atopamos nomes de autores coñecidos como: Hauser y Menet, Thomas, e outros de marcado carácter local, como Foto Martínez ou M. Reguera.
vilagarcia_postais_dixitalizacion.jpgAs imaxes proceden, na súa maioría, de compras que fixo o Concello ao longo dos anos e outras de doazóns de particulares. A dixitalización destas postais, xunto coa levada a cabo das fotografías que compoñen o fondo do Liceo Casino, enmárcase dentro dun proxecto de difusión e posta en valor do material de carácter audiovisual que alberga o Arquivo Municipal.
Ademais de fotografías de Vilagarcía, tamén hai algunhas de concellos da contorna: a praia de Silgar, en Sanxenxo; a Illa e o Balneario da Toxa, no Grove; o porto pesqueiro da Illa de Arousa ou o Pazo de Fefiñáns, en Cambados.
Con esta aposta pola dixitalización, calquera persoa poderá ver estas imaxes a través do portal Atopo, un catálogo documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra en Internet. Neste sitio web pódense ver por exemplo, as actas do pleno dende 1840, é dicir, dende practicamente a creación dos primeiros concellos constitucionais. Pode seguirse a pista documental dos máis diversos asuntos (edificios, urbanismo…) para logo consultarse fisicamente no Arquivo municipal.
Engadir que a documentación achegada polo concello súmase así á que xa ten a Deputación sobre a cidade, que tamén se pode consultar dende Atopo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?