Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Smartpeme+ achega formacións sobre ciberseguridade, posicionamento en liña e cultura sostible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Smartpeme+ achega formacións sobre ciberseguridade, posicionamento en liña e cultura sostible

S. P.
Publicado: 17/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smartpeme_900x600-3.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta semana cinco novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións celebraranse entre este luns 17 e o venres 21 de marzo e afondarán en cuestións de grande interese para o tecido empresarial da provincia como a ciberseguridade, o rexistro de persoas viaxeiras, WhatsApp Business, SEO para redes sociais ou a cultura sostible e a responsabilidade social. Todas as accións requiren inscrición previa e impartiranse de maneira telemática.
O luns 17 ás 11:00 horas continúan os obradoiros sobre ciberseguridade, neste caso centrado no phishing (inscricións no formulario habilitado). Impartido por Manuel Tornos, asesor do Centro Provincial de Economía Dixital de Barro, o obxectivo e dar a coñecer esta forma de ciberataque, unha das máis sinxelas que existen e, ao mesmo tempo, a máis perigosa e efectiva. No obradoiro darse a coñecer esta técnica e as distintas formas nas que se pode presentar para poder identificala con eficacia.
O martes 18 ás 12:00 celebrarase un obradoiro sobre o novo parte de persoas viaxeiras a través do portal SES.Hospedaxes. Neste obradoiro, que imparte Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo, explorarase a nova normativa, os seus cambios e os seus desenvolvementos no rexistro. As inscricións poden realizarse a través do formulario específico.
Xa o mércores 19, ás 11:00 horas, terá lugar un obradoiro para dar a coñecer a ferramenta WhatsApp Business (inscricións no formulario),a versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería. Con esta aplicación móbil, as empresas e negocios poden relacionarse cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes. O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, asesor da Oficina Acelerapeme Rural de Cambados.
O xoves 20 ás 12:00 horas María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá un obradoiro centrado no SEO para redes sociais (inscricións no formulario habilitado). Nesta acción formativa abordarase como as redes sociais poden axudar a mellorar o posicionamento SEO das páxinas web e daranse a coñecer cales son as mellores ou, entre outras cuestións, o tipo de contido a crear para mellorar o SEO.
Por último, o venres 21 ás 12:00 horas celebrarase a segunda parte da formación sobre impulso da cultura sostible e a responsabilidade social (inscricións no formulario achegado polo programa SmartPeme+), na que se coñecerán os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e veranse exemplos prácticos que cada pequeno negocio pode accionar para afrontalos. A segunda parte deste obradoiro abordará ferramentas que os negocios poden poñer en marcha para auditar, entender prioridades e facer un xiro máis sustentable dos seus procesos. O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 obradoiros formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?