Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae contribuíu a descubrir as vertentes máis útiles da IA no desenvolvemento de software
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae contribuíu a descubrir as vertentes máis útiles da IA no desenvolvemento de software

S. P.
Publicado: 17/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

01_evento_ia_vitae_detalle.jpgO pasado xoves 13 de marzo, a consultora tecnolóxica Vitae Consultores, referente galego e estatal en formación e servizos para profesionais e empresas do sector tecnolóxico, organizou unha xornada gratuíta sobre as utilidades da Intelixencia Artificial nos equipos profesionais de desenvolvemento de software, achegando claves para entendelas e para aprendernos a diferenciar entre as vertentes máis prácticas e rendibles da IA e aquelas que só poden quedar nunha promesa.
04_evento_ia_vitae.jpgEstamos a falar do evento Utilidade da IAX no desenvolvemento de software, realidade ou ficción? Os asistentes coincidiron en salientar as importantes vantaxes deste tipo de ferramentas na programación, pero tamén recoñeceron que está por verse se as promesas sobre o seu enorme son esaxeradas ou non. Con todo, sinalaron, “está claro que son tecnoloxías que viñeron para quedar”.
Vitae agradeceu a participación de Carlos Escudero Gasgón, da Universidade da Coruña, de Juan Martínez Neira, da empresa tecnolóxica compostelá Plexus, e de Carlos González Jardón, da entidade financeira Abanca, “polos seus relatorios que axudaron a xerar ideas e a dar resposta a algunhas das preguntas que figuran no título do evento”, explicaron dende a consultora galega, que tamén agradeceu a colaboración prestada pola Cidade das TIC (a antiga Fábrica de Armas da Coruña, hoxe convertida en centro de coñecemento tecnolóxico referencial).
03_evento_ia_vitae.jpgVitae tamén tivo palabras de gratitude para as máis de 60 persoas que asistiron ao evento, “polo seu interese e por ter investido o seu tempo en asistir e participar”.
Algunhas conclusións
“A IA no desenvolvemento de software é unha realidade pero as expectativas aínda son promesas que o futuro dirá se son esaxeradas ou non”.
“O impacto nas organizacións da IA nos departamentos de desenvolvemento é escaso, dun 3%, pero destaca o seu uso na axuda en resolución de problemas de codificación, a súa alta utilidade en testing e en xerar documentación”.
02_evento_ia_vitae.jpg“Para a súa implantación nas empresas aínda é preciso adaptar as organizacións á IA e sobre todo as ferramentas de Intelixencia Artificial aínda non están deseñadas nas súas ofertas para que sexan rendibles, xa que abonar 20 € por cada plataforma de IA por programadores, son custos complexos de asumir polas empresas a día de hoxe para obter rendibilidade do investimento”.
“Entre os profesionais que máis uso fan da IA atópanse os programadores júnior, e entre os máis detractores os programadores sénior, dándose o paradoxo de que a IA ofrece máis utilidade aos sénior que aos júnior”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?