Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A investigación da UVigo abre vías de colaboración multidisciplinar para aproveitar o potencial da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A investigación da UVigo abre vías de colaboración multidisciplinar para aproveitar o potencial da IA

S. P.
Publicado: 18/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

encontro_atlanttic_ia1.jpgO Campus de Vigo reuniu na mañá deste luns 17 de marzo máis de 60 investigadores e investigadoras de diferentes eidos do coñecemento nun encontro multidisciplinar organizado pola Oficina de Proxectos Internacionais de Investigación da UVigo en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic. O obxectivo: abrir novas vías de colaboración para aproveitar de xeito conxunto o amplo potencial da Intelixencia Artificial en materia de I+D+i.
En concreto, o obxectivo da xuntanza foi “fomentar a colaboración e a xeración de sinerxías entre persoal, grupos e centros de investigación dos tres campus, empregando a aplicación da IA como fío condutor, e promover proxectos de investigación conxunta”.
atlanttic_encontro_ia2.jpg Na apertura do evento, Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo, e Martín Llamas Nistal, director de atlanTTic, destacaron a importancia de promover a colaboración e a xeración de proxectos conxuntos que poidan contribuír a resolver desafíos complexos mediante o uso de novas tecnoloxías como a IA. Ambos coincidiron en que estas ferramentas intelixentes deben “ser utilizadas de maneira colaborativa e interdisciplinar, para maximizar o seu potencial e mellorar os resultados das investigacións”.
Varios expertos e expertas en IA encargáronse de presentar os seus grupos de investigación e as súas capacidades, como Francisco Javier González Castaño, Rebeca P. Díaz Redondo, José Luis Alba Castro, Alberto Gil Solla e Manuel J. Fernández Iglesias, investigadores de atlanTTic e docentes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, e Arno Formella, investigador do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais e docente da Escola Superior de Enxeñaría Informática.
A continuación, estes mesmos expertos foron os responsables de dirixir os grupos de traballo que analizaron as futuras oportunidades de colaboración e puxeron de manifesto como a IA pode ser aplicada en diferentes disciplinas, desde as ciencias sociais ata as ciencias da saúde e a enxeñaría.
encontro_atlanttic_ia4.jpgA xornada concluíu coa posta en común das principais reflexións e inquedanzas sobre a importancia de seguir avanzando na integración da IA en diferentes eidos do coñecemento, ao tempo que se destacaron as oportunidades que xorden ao traballar de forma multidisciplinar.
O centro de investigación atlanTTic (Universidade de Vigo) integra a IA de maneira holística na súa actividade, aplicándoa en ámbitos diversos como a saúde e coidados, industria, comunicacións ou ciberseguridade e permitindo abordar problemas complexos desde múltiples perspectivas, fomentando a colaboración entre disciplinas e a xeración de solucións innovadoras.
Este encontro representa un paso máis na aposta da Universidade de Vigo por posicionarse como referente na investigación na IA de vangarda, particularmente na aplicación da IA na investigación científica e na innovación tecnolóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?