Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abanca súmase á Global Money Week cunha formación en educación financeira e ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abanca súmase á Global Money Week cunha formación en educación financeira e ciberseguridade

S. P.
Publicado: 18/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

abanca_money_global_week.jpgAbanca e a súa Obra Social Afundación súmanse esta semana á celebración da Global Money Week, un evento de carácter internacional organizado pola OCDE para concienciar da importancia da educación financeira, cunha nova iniciativa dirixida a estudantes de diferentes etapas educativas.
A proposta preséntase baixo o título Maratón de retos financeiros e amplía o programa de educación financeira que desenvolven o banco e Afundación desde 2015. A entidade galega lembra que o curso pasado 202.492 persoas participaron nas diferentes actividades organizadas no marco deste programa.
Maratón de retos financeiros consiste nunha serie de sesións formativas en centros escolares nas que os estudantes poñerán a proba os seus coñecementos en educación financeira a través de actividades gamificadas. Nos encontros abordaranse temas como a ciberseguridade, o consumo responsable ou as finanzas persoais.
Para poder afrontar estes retos, os alumnos e alumnas contarán co apoio dos responsables territoriais de Abanca de cada zona xeográfica, que lles explicarán previamente conceptos financeiros básicos adaptados ao seu nivel académico, poñeranlles exemplos de situacións reais e resolverán todas as dúbidas que poidan ir xurdindo durante a actividade.
En total, están previstas once sesións entre o mércores 19 e o martes 24 nas que participarán 250 estudantes de Educación Primaria, Secundaria e Formación Profesional de Galicia, Castela e León, Estremadura, Madrid, País Vasco e Murcia, territorios onde o banco conta cunha presenza significativa.
En concreto, a actividade desenvolverase no IES Arcebispo Xelmírez de Santiago de Compostela (19 de marzo), Colexio Marista La Inmaculada de Lugo (20 de marzo), Colexio Otxarkoaga de Bilbao (20 de marzo), CEIP Curros Enríquez da Coruña (21 de marzo), Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra (21 de marzo), Colexio Divina Pastora de León (21 de marzo), Colexio Losada de Vigo (21 de marzo), IES Los Barruecos de Cáceres (21 de marzo), Colexio Marista Santa María de Ourense (21 de marzo), CEIP San Andrés de Murcia (21 de marzo) e o CEIP Nuria Espert de Madrid (25 de marzo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?