Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Falamos+ dinamizará o galego en dez centros educativos con actividades de lecer, creativas e tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Falamos+ dinamizará o galego en dez centros educativos con actividades de lecer, creativas e tecnolóxicas

S. P.
Publicado: 18/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

250318_falamos__x-2.jpgA iniciativa de dinamización lingüística 21 Días co Galego e +, argallada en orixe pola profesora do IES da Pobra Pilar Ponte e amplificada logo a máis centros pola Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura e Lingua), segue a ter ramificacións nos centros educativos da nosa terra. Na mañá deste 18 de marzo o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a profesora Pilar Ponte, presentou no Colexio López Ferreiro, en Santiago de Compostela, a iniciativa Falamos +, na que participan dez centros repartidos polas catro provincias co obxectivo de “impulsar o uso da lingua galega entre a cativada desde a perspectiva do lecer dentro do ámbito escolar”.
O conselleiro explicou que este proxecto “responde ás liñas marcadas no Pacto pola Lingua, no que facemos fincapé no fomento do galego nos centros educativos máis alá das aulas, centrándonos en actividades de carácter lúdico”. Neste senso, engadiu, “temos en conta que os colexios, ademais das horas lectivas, constitúen espazos de socialización de grande importancia que nos dan a oportunidade de desenvolver este tipo de accións para chegar aos máis pequenos”.
Así, tal e como lembrou, son os propios centros e as familias as que crean as propostas que “achegan o alumnado á nosa cultura e á nosa lingua actuando como protagonistas”. Deste xeito, durante tres semanas, que comezaron o pasado día 17 e finalizarán o 28 deste mes, o alumnado realiza diversas actividades, supervisadas pola coordinadora do programa, Pilar Ponte, que teñen que ver con monólogos, conversas, contos, teatro ou xogos.
A isto engádense outras temáticas como a ciencia ou as matemáticas, ao redor das que se realizan, por exemplo, xogos de lóxica. Por outra banda, a cativada de educación infantil e primaria tamén goza da escritura creativa, lecturas dramatizadas e mesmo do cante e o baile de música tradicional e moderna.
López Campos aproveitou o acto no colexio López Ferreiro para agradecer “o esforzo e implicación” dos centros, familias e profesionais que “apostan por estas ferramentas a prol da nosa lingua, contribuíndo ao seu prestixio e uso social desde idades temperás”.
Dez centros escolares
250318_falamos__x-4.jpg Os colexios participantes no programa Falamos + son, na provincia de Lugo, o Sagrado Corazón, de Ribadeo, e o Frei Luís de Granada, de Sarria. Na de Ourense toman parte na iniciativa o Ramón Otero Pedrayo, do Barco de Valdeorras, o colexio O Couto, na cidade das Burgas, e o Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea. Pola súa parte, na provincia da Coruña interveñen o López Ferreiro e o Divino Maestro, de Santiago de Compostela, o Atios, de Valdoviño, e o Virxe de Cela, de Monfero. En Pontevedra, participa o colexio Alfonso VII, de Caldas de Rei.
Todos eles achegarán a súa experiencia a través dun blog que actúa como fío condutor desta iniciativa, no que irán amosando as diferentes actividades desenvolvidas en cada unha das xornadas do programa.
Contidos
– Os luns toca falar (conversas, monólogos, contos, lendas, teatro…).
– Os martes xógase (xogos de todos os tipos incluíndo xogos de lingua como pasagalegos, tabús, adiviñas…).
– Os mércores faise ciencia (levamos a cabo propostas lúdicas relacionadas con diferentes disciplinas científicas, xogos de lóxica matemática, de química…)
– Os xoves lectura e escritura (xogos de escritura creativa, lecturas dramatizadas e propostas de lectura de todos os tipos e para todas as idades)
– Os venres cántase e báilase (botamos man de temas musicais tradicionais e modernos para bailalos e cantalos).
Esta iniciativa educativa terá unha duración de 15 días lectivos e desenvolverase entre o 10 e o 28 de marzo de 2025.
Como dixemos, programa terá un blog como fío condutor onde se irán amosando as diferentes propostas de actividades dos centros participantes en cada unha das xornadas.
Cada centro adquire os seguintes compromisos: desenvolver un programa lúdico para o seu centro durante os quince días lectivos que dura o programa e colaborar no blog do programa cos contidos de un día e medio. Os centros recibirán apoio para o desenvolvemento do programa, material promocional e un concerto de Cé Orquestra Pantasma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?