Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG anuncia a data de celebración da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: o 27 de xuño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG anuncia a data de celebración da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia: o 27 de xuño

S. P.
Publicado: 18/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

o_presidente_do_cpeig_fernando_suarez_no_seu_discurso.jpg Dende o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) anuncian data para a celebración da súa Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, será o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela. Esta xuntanza anual serve como punto de encontro entre as colexiadas/os do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, cargos empresariais, institucionais e políticos.
Segundo o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, a Noite é unha gala consolidada onde o Colexio profesional amosa á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiras/os en Informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co eido das TIC. No marco desta gala entregaranse os Premios da Noite, con máis de media ducia de categorías nas que as colexiadas/os recoñecen iniciativas ou persoas salientables no eido da Enxeñaría en Informática.
imaxe_17_noite.jpg As persoas, organismos e entidades distinguidas en 2024 foron: o ecosistema empresarial Ipglobal Tech Hub; a app Cluber, de dixitalización de clubs deportivos; a enxeñeira informática Cristina Vázquez (CEO de Teimas); a responsable da área de Datos Global en Inditex, Olaia Vázquez; o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola organización da ECAI 2024 (European Conference on Artificial Intelligence); a empresa Tarlogic; a compañía Denodo; o programa educativo First Lego League España; o Grupo Nueva Pescanova, pola integración da plataforma IBM Food Trust que garante a trazabilidade dos produtos do mar; o Centro de Estudos de Seguridade (CESEG), polo seu traballo investigador sobre a manipulación informativa; Cruz Roja, Alexa e Amazon Web Services, pola súa colaboración en diversos proxectos que contribúen a reducir o illamento e a soidade non desexada das persoas; a Asociación Europea para a Transición Digital, pola súa proposta do Pacto de Estado para protexer aos menores de idade en internet e redes sociais; o enxeñeiro informático Manuel Framil; as empresas Ednon e Fortinet; a Xunta de Galicia, pola integración da Intelixencia Artificial (IA) na Administración Autonómica galega; e a matemática e directora do Observatorio Nacional de Tecnología y Sociedad (ONTSI), Rosa Díaz Moles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?