Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A SD Compostela e Turismo de Galicia organizan as segundas xornadas Tecnoloxía e Deporte
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A SD Compostela e Turismo de Galicia organizan as segundas xornadas Tecnoloxía e Deporte

S. P.
Publicado: 19/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

compostecnoloxiaedeporte-1-1.jpgA SD Compostela, en colaboración con Turismo de Galicia, organiza a segunda edición das xornadas Tecnoloxía e Deporte. O evento, de acceso gratuíto e previa inscrición, celebrarase este xoves 20 de marzo, ás 18.30 horas, no Auditorio do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.
Nesta segunda edición contarase coa presenza de dous grandes expertos que falarán sobre como a tecnoloxía vai camiño de revolucionar o deporte: por unha banda Miguel Ángel Leal, director xeral de La Liga Tech de 2021 a 2024; e pola outra Lalo García Torres, director executivo (CEO) de HubIN, co-fundador de Galicia Sportech Congress e de CeltaLab1923.
Con eles dous abordaranse os novos camiños que abren as tecnoloxías máis avanzadas no mundo do deporte, preparando o camiño para “unha nova era que permite ás entidades deportivas ser máis eficientes, con procesos preditivos que eran impensables ata fai moi pouco tempo”, sinalan dende a organización.
Miguel Ángel Leal impartirá o relatorio Casos de uso da Intelixencia Artificial no mundo do fútbol, mentres que Lalo García ilustrará aos presentes coa conferencia Data Analytics no fútbol profesional.
Ademais, neste evento aberto a todo o mundo, e do mesmo xeito que na primeira edición das xornadas Tecnoloxía e Deporte, a organización pechará o acto cunha mesa redonda, na que o público asistente poderá dialogar e intercambiar opinións cos dous relatores.
Miguel Ángel Leal
Directivo con máis de 25 anos dedicado ao mundo da tecnoloxía, como elemento de creación de valor nas organizacións. Desenvolveu funcións de liderado no sector do deporte, primeiro como director executivo de LaLiga Tech e posteriormente como director de Tecnoloxía e Innovación de LaLiga. É investidor en novas firmas innovadoras (startups) multisectoriais, como Nexkin Medical Microviable Therapeutics ou Tadia.ai. Ademais, é membro do Consello Asesor de CIONET e ZeroNet IT.
Lalo García Torres
Profesional vencellado ao emprendemento desde 2005 como socio Fundador en Knowledge Investors (Aceleradores de Innovacion). A través da súa experiencia, xestiona programas de innovación aberta, como CeltaLab1923 ou Abanca Innova, así como un catálogo de máis de 90 startups, ademais de organizar os principais eventos de innovación desenvolvidos en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?