Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN amplía a oferta de servizos do programa Oportunius
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN amplía a oferta de servizos do programa Oportunius

S. P.
Publicado: 19/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

oportunius_20250319_xornada_erc.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) celebrou este 19 de marzo a primeira xornada do obradoiro Train the trainers: Programa de apoio á preparación de propostas ao ERC, organizado no marco do programa Oportunius. O obxectivo desta formación é “dotar a xestores de proxectos europeos dos centros de investigación e universidades da visión, as ferramentas e as estratexias necesarias para asesorar ao persoal investigador na preparación de propostas gañadoras”.
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, inaugurou esta cita, onde destacou o impacto que este curso terá no fortalecemento das capacidades de asesoramento e acompañamento e na mellora do seguimento aos candidatos que reciben os servizos de Oportunius, o que incrementará as súas posibilidades de éxito nesta convocatoria altamente competitiva.
Este taller compleméntase con outra formación dirixida ao persoal investigador vinculado ás tres universidades públicas galegas, ao CSIC e aos institutos de investigación sanitaria. Esta actividade, orientada a familiarizar a potenciais candidatos coas convocatorias do European Research Council (ERC) e a dotalos de competencias estratéxicas necesarias para preparar propostas gañadoras, contou coa participación de Manuel Souto, investigador Oportunius adscrito ao CiQUS, da Universidade de Santiago de Compostela.
Ambas formacións contaron cunha ampla representación de persoal investigador e de xestión das tres universidades galegas, e da práctica totalidade dos seus campus, así como dos principais centros de investigación pertencentes á Rede CIGUS, que agrupa os centros de investigación universitaria excelente.
A directora explicou que visto “o éxito desta convocatoria”, na que o número de inscricións case triplicou o número de prazas dispoñibles, realizarase unha nova edición desta actividade en datas vindeiras.
O programa Oportunius é unha iniciativa promovida por GAIN coa colaboración do Sistema Universitario Gallego (SUG), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e os organismos de investigación de Galicia, que busca xerar oportunidades para persoal investigador excelente que queira desenvolver a súa carreira científica en Galicia reforzando as opcións de acceso e os beneficios asociados ás axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC).
Oportunius, que xa leva 10 anos en marcha, apoiou a 34 investigadores que lideran 42 proxectos en universidades e centros de investigación galegos. Deles, 20 están directamente contratados como persoal investigador distinguido pola Axencia Galega de Innovación ao amparo do programa. Ademais, 27 persoas que lograron quedar finalistas nas convocatorias do ERC recibiron apoio económico e asesoramento, e desenvolvéronse 26 actividades de formación para candidatos.
En canto ao impacto das axudas do ERC neste período, captáronse 30 millóns de euros en proxectos adicionais –que se suman aos 60 millóns correspondentes aos proxectos ERC-, e publicáronse máis de 1.900 artigos científicos, oito de cada dez en revistas de máximo impacto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?