Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA introduce o uso da IA na plataforma de loita contra os incendios forestais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA introduce o uso da IA na plataforma de loita contra os incendios forestais

S. P.
Publicado: 20/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250320_amtega_incendios_05av.jpgA Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) está a facer esforzos para introducir o uso da Intelixencia Artificial na detección de incendios, a cartografía de pistas forestais ou a xestión das alertas ante lumes de especial gravidade e de última xeración. Así o anunciou este xoves 20 de marzo o director da Axencia, Julián Cerviño, durante a visita que realizou ao Centro de Coordinación Central de Galicia de Defensa contra os Incendios Forestais. Foi recibido no Centro de Control polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o seu equipo.
Na súa estadía explicou que “as tecnoloxías que empregan IA estanse a introducir para dar novo pulo nos sistemas de información de apoio na xestión en tempo real dos lumes en Galicia, que xa son unha referencia tanto a nivel nacional como europeo”, e que a Xunta optou polo desenvolvemento de sistemas específicos e adaptados ás necesidades do territorio dende unha posición de vangarda. “O corazón do sistema e Xeocode 3.0dispón de ata 16 aplicacións satélite que cobren todos os ámbitos de prevención e extinción de incendios”, engadiu, explicando que estas aplicacións permiten a localización e seguimento dun extenso operativo composto por uns 20 avións de carga e helicópteros propios; 400 medios terrestres, como motobombas, cisternas ou maquinaria pesada; e máis de 7.000 persoas en períodos de alto risco.
Deste xeito, os técnicos que participan nun operativo dispoñen de información en tempo real sobre a xestión do lume no que participan a través de tabletas e teléfonos móbiles, utilidades que “lles permiten dispor da información cartográfica, buscar topónimos, localizar por GPD os recursos asignados ou coñecer as mellores rutas de acceso”.
Lembrar que o Centro de Coordinación ten acceso á Rede de Vixilancia dos Espazo Forestais de Galicia, que está en proceso de ampliación con 12 novos centros. Esta rede permite manter monitorizadas as zonas con maior risco e vixían máis do 85% do territorio galego. Tamén se traballa avaliando simuladores que podan axudar a prever a evolución dos incendios forestais en calquera punto da Comunidade en función das propiedades combustibles da masa forestal, das características do terreo e das condicións meteorolóxicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?