Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia loce potencial tecnolóxico ante potenciais investidores do continente americano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia loce potencial tecnolóxico ante potenciais investidores do continente americano

S. P.
Publicado: 20/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

julian_cervino_director_da_amtega_antonio_rodriguez_del_corral_presidente_do_cluster_tic_galicia_20250318093918_20250318094143.jpgMáis dunha decena de organismos de transformación dixital e financeiros procedentes de Latinoamérica e Estados Unidos visitaron Galicia do 10 ao 14 de marzo, no marco da misión comercial inversa organizada polo Clúster TIC Galicia, en colaboración co IGAPE, para reivindicar a nosa Comunidade como referente no ecosistema tecnolóxico internacional.
Durante a súa estadía, as potenciais investidoras percorreron A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para coñecer de primeira man proxectos de innovación e avances en I+D tecnolóxico, tanto a nivel privado como na administración pública, co obxectivo de identificar puntos de aprendizaxe e boas prácticas que se poidan extrapolar ou replicar nos seus respectivos países.
Visitaron distintos espazos de innovación, como o Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), o GaiásTech, o Centro Tecnolóxico Gradiant ou o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Así mesmo, mantiveron 80 reunións B2B con empresas socias do Clúster TIC Galicia e startups, ademais de participar en actividades de traballo colaborativo.
Nos encontros participaron as galegas Altia, Emetel, Cinfo, Councilbox, Imatia, Itelsis, Qaroní, Quobis, Sg Tech, Teimas, Torusware e Visual MS, que amosaron os seus produtos e servizos máis innovadores en áreas como a Intelixencia Artificial, a ciberseguridade, a dixitalización industrial ou a IoT (Internet das Cousas).
Pola súa banda, a delegación internacional estaba integrada pola empresa de telecomunicacións Totalplay (México), EMCALI (Colombia), que opera neste sector, entre outros, e o Grupo Enerxía Bogotá (Colombia), que fornece enerxía eléctrica e gas natural en Colombia, Perú, Brasil e Guatemala.
Tamén estiveron presentes a Federación Colombiana de Software e Tecnoloxías (Fedesoft), con máis de 500 afiliados e 30 anos de traxectoria; e o viceministro de Innovación e Tecnoloxía do Ministerio de Innovación da República Dominicana, Armando José Manzueta Pena.
No ámbito da transformación dixital, acudiron representantes do Órgano Xudicial de Panamá, a Autoridade Nacional para a Innovación Gobernamental (AIG) de Panamá e a Autoridade da Canle de Panamá.
As entidades financeiras tamén foron protagonistas desta misión comercial coa asistencia da Caixa de Aforros de Panamá, o Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID) de EE. UU., que ofrece apoio financeiro e técnico a gobernos nacionais e subnacionais, así como a outras entidades de América Latina e o Caribe, e ASOBANCARIA (Colombia), que agrupa ao sector financeiro colombiano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?