Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O XII Carballo Interplay contará con espectáculos de primeira liña do universo podcast
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O XII Carballo Interplay contará con espectáculos de primeira liña do universo podcast

S. P.
Publicado: 20/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

carballo_interplay_cartaz.jpgO festival de contidos dixitais Carballo Interplay publicou o primeiro adianto da programación da súa XII edición, que será do 24 ao 27 de abril no Mercado de Carballo. Durante eses días a vila será o centro do universo dixital xuntando espectáculos e personalidades de referencia do podcast, a comunicación ou a comedia. Será unha programación “completamente de balde”, pero en datas vindeiras anunciaranse as actividades para as que haberá que facer reserva de entradas.

Contidos
  • Facu Díaz – Miguel Maldonado
  • Con Bob Pop
  • Con Ángela Henche e Albanta San Román
  • Ana Polo e crise da vivenda

Facu Díaz – Miguel Maldonado

Facu Díaz e Miguel Maldonado
Facu Díaz e Miguel Maldonado
O dúo formado por Facu Díaz e Miguel Maldonado tomarán os mandos da sección habitual do festival Rajando con… na noite do venres, coa súa xenuína mestura de sátira política, humor e improvisación . Coñecidos por programas como No te metas en política atópanse agora de xira co espectáculo Quieto todo el mundo, que esgotou entradas en cidades como Sevilla, Granada ou Valencia, lembrando os 10 anos que levan traballando xuntos. Maldonado, pola súa banda, vén de recibir o Premio Ondas a Mellor Videopodcast por Sastre y Maldonado, que presenta xunto a José Luis Sastre.

Con Bob Pop

Outro dos espectáculos habituais do Carballo Interplay é o CFA (Código Fonte Audiovisual) que nesta ocasión presentará o escritor e guionista Bob Pop. Na tarde do sábado, o creador da serie Maricón Perdido repasará neste formato híbrido entre conferencia e proxección, a súa escolma de fragmentos de obras audiovisuais que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo.

Con Ángela Henche e Albanta San Román

Tamén no sábado pasarán polo Mercado de Carballo Ángela Henche e Albanta San Román, presentadoras do podcast Keep it cutre un programa que nace das súas charlas do día a día cunha gran dose de humor tocando temas relacionados co sentir da xeración millennial. Polo podcast pasaron convidadas como Nerea Pérez de las Heras, Beatriz Serrano ou a cómica Lalachus. Recentemente comezaron a facer espectáculos en directo e agora chegan por primeira vez a Galicia cun programa que non deixará a ninguén indiferente.

Ana Polo e crise da vivenda

ana_polo_molino_2_-_ana_polo.jpg A crise da vivenda é un dos grandes temas na axenda diaria e chegará tamén á nova edición do Carballo Interplay da man da cómica Ana Polo. No espectáculo Aquí no hay quien viva Polo seguirá o formato de El Precio Justo para falar xunto ao público do prezo ao que se atopa a vivenda en Galicia, unha forma de coller o humor para darlle á volta a esta problemática social e facer ao público partícipe dun espectáculo no que só pode haber un gañador: quen acerte o prezo máis abusivo da comunidade.
O Carballo Interplay desvelará ao longo das próximas semanas máis sobre a súa programación, que contará tamén con gran presenza de creadores e creadoras dixitais de Galicia, espazos de reflexión sobre as tendencias na rede desde unha ollada feminista e antirracista e a Competición Oficial de Series, cunha selección de obras de todo o mundo.
O festival está organizado polo Concello de Carballo e Turismo de Carballo co apoio da Deputación de A Coruña e AGADIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?