Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ITG deseña unha solución de IA que permite a Selmark predicir as súas vendas nun 92%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ITG deseña unha solución de IA que permite a Selmark predicir as súas vendas nun 92%

S. P.
Publicado: 21/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

selmark_lenceria.jpgO centro tecnolóxico ITG (Instituto Tecnolóxico de Galicia) deseñou unha solución de Intelixencia Artificial (IA) a medida para predicir a distribución das vendas de Selmark, histórica empresa con sede en Vigo referente no ámbito da lenzaría. En concreto, ITG aplicou técnicas de IA para coñecer, cunha porcentaxe de acerto do 92%, a demanda de produtos da marca.
Así, o desenvolvemento materialízase nun piloto baseado en IA que, en primeiro lugar, recompila datos históricos de vendas desde diversas fontes internas, en segundo lugar, homoxeniza a información para garantir a súa coherencia e tratamento e, finalmente, realiza análises complexas mediante un sistema preditivo avanzado composto por dous tipos de algoritmos.
O ITG explica que a forma de visualización dos datos está “deseñada para facilitar a toma de decisións informadas de maneira áxil e sinxela, e permite a Selmark mellorar a xestión das liñas de produción da empresa e a súa cadea loxística”. Grazas á solución de ITG, Selmark tamén “pode axustar a fabricación ás vendas estimadas, optimizando a actividade do departamento comercial e a rede de vendas, minimizando a incerteza na toma de decisións e permitindo unha asignación máis eficiente dos recursos, coa consecuente redución de custos”.
O centro tecnolóxico coruñés engade que “esta mellora non só achegaría beneficios tanxibles aos máis de 5.000 puntos de venda en 40 países onde opera a marca de lenzaría, senón que tamén axilizaría a reposición de stocks e lanzamentos máis aliñados coas tendencias, repercutindo de forma directa na experiencia de compra das consumidoras; e ademais este desenvolvemento levouse a cabo utilizando ferramentas tecnolóxicas gratuítas, o que supuxo un baixo custo de aplicación para a empresa, facendo realidade aplicar recursos de IA de maneira accesible”.
Doutra banda, a solución permite identificar os establecementos que mellor conectan co mercado con só o 8% das compras realizadas ao comezo de cada campaña. “Estas tendas, ao estar en contacto directo cos consumidores, son capaces de detectar cambios emerxentes nas tendencias de compra antes de que se reflictan nos datos convencionais”, explican fontes do ITG, engadindo que a clave “é identificar a necesidade do cliente e definir con el unha solución mínima viable, que moitas veces está condicionada pola cantidade e a calidade dos datos dos que dispón. A partir de aí, o máis importante é mellorar esa cantidade e calidade dos datos, sen deixar de adestrar o modelo para que poida adaptarse a novos contextos e manter o seu nivel de acerto” explica Óscar González Represas, director da División de IA de ITG.
“O uso de ferramentas de IA é un paso máis no noso camiño cara á transformación dixital e reforza a nosa capacidade de anticiparnos aos cambios do mercado. Grazas á innovación, consolidamos un modelo de negocio áxil, sostible e orientado á excelencia, en sintonía coa nosa estratexia global de crecemento”, apunta Diego Piñeiro, director de Innovación de Selmark.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?