Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O foro do Consello da Cultura Galega propón traducir ao galego o software de tramitación xudicial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O foro do Consello da Cultura Galega propón traducir ao galego o software de tramitación xudicial

S. P.
Publicado: 21/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20250320_forolingua2_cristinalopezvillar_albanogueira_carlosamoedosouto_luisvillaresnaveira_dsc09759.jpgTraducir ao galego os programas informáticos de tramitación utilizados no ámbito xudicial así como os modelos de documentos máis frecuentes da administración. Son algunhas das medidas achegadas este 20 de marzo no marco da mesa Administración, a xustiza e os servizos públicos coordinada por Alba Nogueira e encadrada no proxecto Un país coa súa lingua. Foro Participativo que puxo en marcha o Consello da Cultura Galega (CCG) para ofrecer medidas propositivas sobre a situación do galego.
“Insistimos na importancia de traballar con todas as portas abertas e implementar medidas coas ferramentas actuais para reverter a situación que xa está diagnosticada” insistiu Dolores Vilavedra, coordinadora este foro e vicepresidenta do CCG.
As sesións continúan o 23 de abril coa mesa Sanidade, ciencia e servizos sociais, moderada por Iolanda Casal.
Como dixemos, a creación de software e a dispoñibilidade de documentación xudicial en galego, é dicir, traducir ao galego os programas de tramitación utilizados no ámbito xudicial e os formularios máis habituais son algunhas das medidas que se abordaron no transcurso da sesión. Unha proposta que pretende paliar unha situación que Luís Villares Naveira, xuíz e maxistrado da Sala Contencioso Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, describiu na súa intervención: “Segundo unha consulta realizada ao CENDOJ (Centro de Documentación Judicial) nos últimos 5 anos o 96,21% das resolucións ditadas en Galicia están en castelán e só o 3,79% está en galego”. Villares considera que cómpre actuar contra unha “inercia histórica” que impide que se dean pasos en favor do galego. “O fallo está nas políticas públicas que desenvolven os que teñen que garantir a oficialidade lingüística” asegurou ao tempo que pediu “máis medios e que recursos como a aplicación Minerva permitan que a tramitación xurídica estea en galego”.
20250320_forolingua2_dsc09774.jpgNa sesión propúxose tamén impulsar o uso do galego entre os profesionais da xustiza mediante cursos de formación e medidas de fomento que permitan garantir unha maior presenza da nosa lingua na tramitación e nas resolucións xudiciais. Outras das medidas que se abordaron no marco desta sesión foi o aumento do gasto público en normalización, un investimento que permita garantir accións efectivas de promoción do galego en todos os ámbitos. Tamén se abordou establecer criterios lingüísticos nos servizos contratados polas administracións, especialmente naqueles eidos que te que ver coa atención ao público, coa infancia, co lecer e cos servizos sociais (auga, lixo, comedores escolares, tempo libre, centros de día e maiores, entre outros).
Carlos Amoedo Souto, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, optou na súa intervención por “regular xuridicamente a planificación lingüística, que debería ter un fácil consenso político e xudicial”.
Pola súa parte, Cristina López Villar, vicereitora de Igualdade e Diversidade da Universidade da Coruña, recordou que “a universidade é un reflexo do que pasa na sociedade” e informou da posta en marcha dun plan interuniversitario para a promoción do galego.
Na sesión, á que asistiu o delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, tamén participaron os avogados Xoaquín Monteagudo Romero, Hector López de Castro e Alberte Souto Souto; Anxos Sobriño Pérez, vogal da directiva da Coordinadora de traballadores de normalización lingüística (CTNL) e técnica superior lingüista na Audiencia Provincial de Pontevedra; ; Xermán Varela Castejón, maxistrado titular do xulgado de Pontevedra; e María de los Ángeles López Carballo, letrada da Administración de xustiza no xulgado de Lugo..


Vídeo da sesión

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?