Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: UVigo e COPASA traballan en dixitalizar a inspección de vías de ferrocarrís de alta velocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

UVigo e COPASA traballan en dixitalizar a inspección de vías de ferrocarrís de alta velocidade

S. P.
Publicado: 21/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

airis_3.jpg Servíndose das últimas tecnoloxías co obxectivo de dixitalizar e automatizar a inspección de vías de ferrocarrís de alta velocidade para contribuír a mellorar tanto a súa rendibilidade como a súa seguridade é no que están a traballar un equipo da Universidade de Vigo e a empresa COPASA co proxecto estatal AIRIS.
Baixo o título: Adaptative and Intelligent Railway Inspection System (AIRIS), este proxecto está financiado cun total de 568.906,62 euros pola convocatoria de colaboración público-privada 2023 da Agencia Estatal de Investigación, do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, e fondos da Unión Europea NextGeneration. Nel participa por parte da UVigo o grupo de Sistemas Aeroespaciais e de Transporte-Aerolab, con sede na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense e pertencente ao Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE). Coordina a iniciativa por parte da UVigo o profesor e investigador Higinio González. O socio do proxecto, COPASA, Sociedad Anónima de Obras y Servicios, é unha empresa multinacional de construción de orixe ourensá.
Centrándonos en AIRIS, dicir que os seus promotores explican que un dos desafíos do sector ferroviario “é mellorar a rendibilidade dos ferrocarrís de alta velocidade, xa que as súas vías presentan maiores requisitos técnicos que as convencionais, o que incrementa os custos de construción, inspección e mantemento, sendo estes tres veces superiores aos da rede ferroviaria convencional”. Este feito remata afectando ao custo para o usuario final e á taxa de utilización.
Seguindo esta liña, AIRIS quere contribuír ao “necesario cambio no transporte ferroviario” mediante o desenvolvemento de novas solucións e métodos para reducir os custos das tarefas de inspección e mantemento mediante a aplicación de tecnoloxías como a IA, a dixitalización e as técnicas de mantemento preditivo. O proxecto céntrase en desenvolver tanto sistemas de inspección de vías como algoritmos de procesamento de datos “sen precedentes no mercado” e que permitan realizar estas inspeccións de maneira automática, reducindo a dependencia do factor humano e aumentando a frecuencia de recolección de datos.
airis_4.jpg O equipo de AIRIS busca desenvolver para o ano 2026 un sistema centralizado de inspección que reciba información, a través dunha rede inalámbrica 5G, de sistemas ópticos instalados en dresinas das vías férreas. “Esta ferramenta permitirá detectar diversas deficiencias de mantemento, como gretas en distintos tipos de travesas, ausencia de parafusos ou clips de fixación, cambios indesexados na xeometría do balastro ou a presenza de elementos como area en seccións de vía en placa”, afirman. A previsión é realizar o procesamento de datos a bordo a velocidades de ata 75 km/h e comunicarse coa estación central no caso de detectar deficiencias no mantemento das vías. Entre as características de AIRIS, comentan os seus responsables, están que ten en conta a variabilidade dos diferentes elementos da vía, o que posibilita un mantemento preditivo eficiente.
Engadir que esta proposta dá continuidade a outro proxecto anterior desenvolvido polo mesmo equipo da UVigo e COPASA desde finais de 2021 ata finais de 2024 chamado Railway Inspection and Information Model (RIIM), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Agencia Estatal de Investigación) e polos fondos NextGeneration da Unión Europea. Nel desenvolveron un prototipo de sistema de inspección para mellorar o mantemento preditivo dunha vía férrea, centrándose na detección de fisuras nas travesas e no estado das suxeicións do carril e do balastro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?