Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Colexio de Xornalistas de Galicia organiza unha xornada para analizar o uso da IA no xornalismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Colexio de Xornalistas de Galicia organiza unha xornada para analizar o uso da IA no xornalismo

S. P.
Publicado: 24/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

xornada_ia_xornalismo.jpgCo auxe da Intelixencia Artificial, que se adentra en todos os eidos, cómpre analizar as vantaxes e desvantaxes da mesma. Así o entenden no ámbito xornalístico e dende o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, co patrocinio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, anuncian a xornada O impacto da intelixencia artificial no xornalismo: Riscos e oportunidades, que se celebrará na mañá do luns 7 de abril.
Informar que este encontro será libre e gratuíto, xa ten aberto o prazo de inscrición, e complementarase posteriormente con webinars formativos.
Indo á xornada, dicir que se desenvolverá a partir das 9 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avenida de Castelao, s/n), contará coa presenza de expertos como Ramón Salaverría ou Patricia Ventura, entre outros representantes da comunicación, da enxeñería informática e da academia.
A Intelixencia Artificial (IA) supón numerosos cambios na práctica do xornalismo. Ten puntos fortes grandes como ferramenta para automatizar tarefas repetitivas ou analizar datos a grande escala, mais o seu uso na profesión ten suscitado numerosas dubidas éticas e legais, amais das ameazas que supoñen horizontes como a posible substitución das e dos profesionais por máquinas sen reflexión xornalística ou produción en masa de desinformación. Atendendo a isto, o Colexio de Xornalistas organiza esta xornada na que quere valorar cales son as posibilidades reais e o uso que se está a facer realmente desta tecnoloxía na nosa contorna, así como os desafíos que representa para o futuro da profesión.
O encontro abrirase o luns 7 de abril ás 9h coa presentación a cargo Belén Regueira Leal (decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galician), Ana Isabel Vázquez Rodríguez (decana da Facultade de Ciencias de Comunicación da USC) e Fernando Suárez Lorenzo (presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia). Seguirá Verónica Bolón (investigadora en IA e profesora na Universidade da Coruña) e Alba Meijide (consultora independente de IA) debaterán sobre O momento IA: Como chegamos aquí e cara onde imos, baixo a moderación do presidente dos enxeñeiros e enxeñeiras en informática, Fernando Suárez Lorenzo.
Ás 10:30h terá lugar a primeira das conferencias, baixo o título IA e periodismo: principios éticos para unha adopción responsable, a cargo da doutora en medios, comunicación e cultura Patricia Ventura, integrante do Comité Asesor en IA responsable da Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals. Ventura estará presentada por Manuel Rey (responsable de comunicación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e membro da Xunta de Goberno do CPXG). Logo terá lugar un descanso. A actividade retomarase ás 12h cunha mesa de debate sobre Os medios ante o reto da IA desde a perspectiva galega, cunha mesa redonda coa presenza de Alba Chao (xornalista de Faro de Vigo), Marcus Fernández (webmaster de Código Cero), Raúl Romar García (xornalista de La Voz de Galicia) e Xabier Rolán (profesor titular da Universidade de Vigo), coa moderación de Lucía González (vicepresidenta da Asociación Galega de Márketing (Markea).
Para rematar o encontro, ás 13:30h terá lugar a conferencia de clausura de Ramón Salaverria, que falará sobre A IA no xornalismo actual. Salaverría, que é catedrático de Xornalismo da Universidade de Navarra, membro da Academia Europea entre 2022 e 2023 dirixiu o Comité de expertos do Consello de Europa para aumentar a resiliencia dos medios; vai estar presentado por Xosé López García, catedrático de Xornalismo da USC.
Engadir que o programa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia sobre a Intelixencia Artificial na comunicación completarase nos vindeiros meses cunha serie de webinars formativos sobre a materia, dos que se informará paseniño polas canles habituais.
As persoas interesadas en asistir á xornada O impacto da intelixencia artificial no xornalismo: Riscos e oportunidades, pódeno facer de xeito libre e de balde, pero a efectos de organización é preciso inscribirse enviando nome completo, DNI e número de teléfono ao correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal. As persoas inscritas poderán solicitar un certificado de asistencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?