Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A operadora Telefónica leva a 2.000 municipios españois a súa 5G de altas prestacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A operadora Telefónica leva a 2.000 municipios españois a súa 5G de altas prestacións

S. P.
Publicado: 25/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

logo-5g-telefo_nica.jpg A operadora Telefónica anuncia que a súa 5G de altas prestacións (3.500 MHz) xa se atopa en máis de 2.000 municipios de toda España, o que a converte en líder no despregamento nesta banda, que achega altas velocidades e baixa latencia tanto a usuarios particulares como empresariais, amais de facilitar un incremento da calidade de rede.
Botando a ollada ao peche do pasado ano, Telefónica contaba con 1.500 municipios con despregamento en 3.500 MHz e en tres meses xa superou o fito das 2.000 localidades (+33%). Con este novo impulso, a operadora segue afianzando a capilaridade da súa rede de altas prestacións, coñecida comercialmente como 5G+ para os clientes de Movistar e O2, ofertándoa case na totalidade do territorio, desde grandes cidades con miles de habitantes e as principais vías de comunicación ata poboacións medianas e pequenas localidades rurais con decenas de veciñas e veciños.
Alén disto, Telefónica pon a disposición da súa clientela a cobertura 5G na banda de 700 MHz, presente xa en máis de 4.000 municipios, dos cales máis da metade contan tamén con despregamento na banda de altas prestacións de 3.500 MHz. A banda de 700 MHz mellora o servizo en interiores e acada unha cobertura de rede móbil en exteriores máis extensa.
En resumo, todo iso permite a Telefónica achegar a cobertura coa tecnoloxía 5G a máis do 91% da poboación cun crecemento progresivo desde o lanzamento desta tecnoloxía en setembro de 2020, cando a cobertura era do 78%. A actual rede móbil en España da operadora salienta así como a máis relevante do país, tanto en número de nodos como no de municipios.
Amais da ampliación desta despregadura 5G na rede móbil, Telefónica tamén acelerou o desenvolvemento da súa rede fixa sobre fibra FTTH, referente mundial e líder en España con 30,8 millóns de unidades pasadas a peche de 2024 (1,6 millóns máis que un ano antes).
Asemade, Telefónica tamén activou a 5G Stand Alone (SA) en todos os municipios que contan coa 5G da operadora, xa sexa a través da banda de 700 MHz, da de 3.500 MHz ou en ambas. Así, a 5G de Telefónica está presente xa en máis de 4.000 municipios de toda España, tanto en zonas urbanas do país como en rurais. A 5G SA potencia as capacidades da 5G ao empregalo en toda a infraestrutura de rede (core e acceso radio), o que implica maiores velocidades de datos, menor latencia e maior fiabilidade. Esta tecnoloxía é de especial interese para as empresas, xa que permite facilitar a implantación de funcionalidades como o Network Slicing ou o Edge Computing, que son de gran relevancia en sectores como a industria ou a loxística (portos ou transporte por estrada) e en servizos públicos como a atención ao cidadán (Smart Cities). Atendendo a isto., o pasado ano Telefónica xa se converteu na primeira operadora en España en lanzar un servizo de conectividade móbil con Network Slicing 5G para empresas, e instaurouno de maneira pioneira no servizo de emerxencias do 112 de Estremadura. A modalidade SA de 5G atópase xa dispoñible tamén nun amplo catálogo de terminais de máis de 200 modelos de distintos fabricantes e todas as gamas, que se seguirá ampliando.
Engadir que a chegada da 5G á contorna rural está sendo posible grazas á colaboración público-privada a través de diferentes axudas encamiñadas a favorecer o acceso ás últimas tecnoloxías nas devanditas poboacións. Como exemplo, a recente adxudicación a Telefónica de 102,7 millóns de euros, dun total de 161,3 millóns, para despregar 5G en 1.116 emprazamentos rurais na segunda convocatoria do programa ÚNICO Redes Activas. Este proxecto permitirá cubrir a 326.000 persoas e 6.800 quilómetros de estradas, coa instalación de 265 novas localizacións que intensificarán a capilaridade da extensa rede móbil desta operadora en España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?