Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae mostra como dispor dos xefes de proxectos TI máis idóneos para o noso equipo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae mostra como dispor dos xefes de proxectos TI máis idóneos para o noso equipo

S. P.
Publicado: 25/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vitae_curso_scrum_xestores_ti.jpgVitae organiza este mes de abril unha nova actividade de formación que pon o foco nos equipos profesionais tecnolóxicos e en como elixir e atopar as persoas máis idóneas para dirixilos, con todo o que ten de vantaxe (produtiva, empresarial, humana) acadar as mellores sintonía e sinerxía dentro dun grupo de traballo. O curso céntrase nas metodoloxías que poden ser postas en práctica para procurar e elixir o mellor perfil posible para a nosa empresa. A actividade formativa Avaliación e Selección de Xefes de Proxectos TI, Managers TI, Product Owners e Scrum Masters celebrará a súa terceira edición este mes de abril, os días 22, 24 e 29. Terá nove horas de duración.
vitae_curso_xestores_managers_tic_scrum.jpgComo dixemos, centrarase na figura dos postos clave nas organizacións (xefes de proxectos TI, xestores TI, products owners, scrum masters ou mandos intermedios, en adiante project manager) e en proporcionar un método eficaz para a selección e avaliación das persoas que ocuparán estes postos.
Este curso baséase na ciencia proporcionada pola Psicoloxía do Traballo e pola experiencia práctica do día a día para a análise e a elección deste tipo de profesionais, centrándose en estudos e metodoloxías amplamente probadas a nivel científico e práctico.
vitae_curso_managers_ti_scrum.jpgOs obxectivos son os seguintes: proporcionar un método eficaz para a selección e avaliación de xefes de proxectos ou xestores TI; achegar un método e unhas ferramentas concretas para alcanzarmos o éxito na selección e avaliación de xestores de proxectos, baseados en estudos científicos da Psicoloxía de Traballo e en conclusións extraídas da actividade empresarial cotiá; e proporcionar os coñecementos para tomar decisións na contratación ou promoción de profesionais en base aos trazos, ao contexto e á conduta; diferenciar os diferentes estilos de liderado en base a tarefas e xestores, ou ben en base ás persoas e líderes.
vitae_curso_managers_scrum_ti_marcos_carbonell_1.jpgA actividade formativa vai dirixida a profesionais de Recursos Humanos, a directores e xefes de proxectos, a xerentes ou ben a calquera profesional que desexe adquirir as habilidades e coñecementos para a selección e avaliación de xefes de proxectos TI ou xestores TI ou de calquera sector.
O curso virá da man de Marcos Carbonell, profesional con máis de tres décadas de experiencia nos sectores do deporte, as novas tecnoloxías e os recursos humanos. Carbonell é diplomado en Empresariais, máster en Recursos Humanos e posgrao en Marketing e en Organización de Empresas. Dende 2006 é socio director de Vitae Consultores e tense responsabilizado, directa ou indirectamente, de máis de 1.000 procesos de selección cunha taxa de máis dun 90% de éxito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?