Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CEP acolle a presentación dun proxecto que revolucionará o ámbito loxístico galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CEP acolle a presentación dun proxecto que revolucionará o ámbito loxístico galego

S. P.
Publicado: 27/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250327_dx_igapedigitalcologistic_1.jpgEste xoves 27 a sede da Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) acolleu a presentación oficial da Factoría de Innovación de Retos Loxísticos (Digital Cologistics Innovation Factory), unha das iniciativas clave do Proxecto Dixital CoLogistics, do que é socio, entre outras entidades, a propia CEP. A cita contou coa presenza de Jorge Cebreiros, presidente da Confederación, e de Carlos Botana, presidente do Porto de Vigo.
A continuación celebrouse unha mesa redonda con Pablo González, director de Comunicación en Grupo Davila, Miguel Abreu, responsable de Xestión Integral de Residuos en PMA Nutrigras, Simoneta Muñiz, responsable de Optimización de Procesos Loxísticos en Zenzal, e Isabel Álvarez, directora de DPI Estratexia. A despedida correu a cargo de Covadonga Toca, directora xeral do IGAPE, o Instituto Galego de Promoción Económica. Toca puxo en valor esta iniciativa como unha aposta pola loxística innovadora que busca transformar retos empresariais en solucións reais. “Este proxecto exemplifica á perfección a Galicia que queremos construír: unha Galicia conectada, colaborativa, cunha loxística intelixente e un ecosistema innovador cada vez máis forte”, afirmou.
A Factoría de Innovación de Retos Loxísticos intégrase no proxecto europeo Digital Cologistics, co obxectivo de dixitalizar e facer máis sustentable o sistema loxístico da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.
“A iniciativa”, explicou Toca Carús, “ofrece un espazo único para que empresas tractoras presenten desafíos reais nos seus procesos e que poidan ser resoltos mediante proxectos innovadores”.
Entre os retos formulados destacan a xestión remota de enchufes en terminais de contedores, a creación de xemelgos dixitais para maquinaria portuaria, a automatización do control de temperatura en envíos sensibles, a aplicación de IA á loxística farmacéutica ou o cálculo automatizado da pegada de carbono en operacións Ro-Ro. A factoría apoiará 15 proxectos seleccionados, aos que ofrecerá mentoring, formación, espazos colaborativos e oportunidades de financiamento.
No marco da presentación, Covadonga Toca lembrou que, nos dous primeiros meses de 2025, o IGAPE convocou axudas por valor de máis de 172 millóns de euros destinadas a financiamento de empresas, mellora da competitividade, transformación tecnolóxica, atracción de novos investimentos e dixitalización e sustentabilidade.
Ademais, lembrou Toca Carús, a Xunta está a elaborar, en colaboración co Clúster da Función Loxística, o Plan Director da Loxística de Galicia, que servirá como folla de ruta para consolidar un modelo loxístico eficiente, verde, dixital e preparado para os desafíos do comercio global.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?