Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TICgal participa no Congreso de Goberno Dixital de Cataluña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TICgal participa no Congreso de Goberno Dixital de Cataluña

S. P.
Publicado: 27/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ticgal_cataluna.jpgO Centro de Convencións Internacional de Barcelona (CCIB) converteuse no epicentro da innovación dixital na Administración Pública os días 12 e 13 de marzo, coa celebración da quinta edición do Congrés Govern Dixital 2025 (Congreso do Goberno Dixital 2025) ou CGD2025 polas súas siglas. Durante este congreso de carácter cuatrienal, reuníronse expertos para discutir sobre o futuro da transformación dixital do sector público baixo o lema A revolución dos gobernos intelixentes: inclusividade, proactividade e sustentabilidade. Neste marco, a firma galega TICgal, socia platino de GLPI Network, representou o noso tecido tecnolóxico. Asistiu xunto con outras empresas elixidas polo Consorcio AOC polos seus “éxitos comprobados”.
TICgal deu conta das súas solucións. Por exemplo na presentación do caso de éxito da Diputació de Lleida, realizada en colaboración con Jordi Gervàs, xefe de Calidade, Soporte e Innovación. Durante a charla, titulada Se algo non funciona no teu computador, a quen vas chamar? 15 anos de GLPI na Diputació de Lleida, os relatores destacaron o papel crucial de GLPI na navegación de situacións informáticas complexas.
A pontevedresa TICgal destacou como a única representante de Galicia entre os principais actores do sector, presentando a súa experiencia e solucións innovadoras para a xestión de servizos de TI na Administración Pública. Na súa calidade de socia platino de GLPI Network desde principios de ano, a firma mostrou a súa experiencia coa ferramenta GLPI, unha solución de xestión de servizos de TI (ITSM) de código aberto que optimiza a xestión de incidencias, activos e proxectos.
“A nosa participación en CGD2025”, sinalaron dende a empresa galega, “subliña o noso compromiso coa mellora da eficiencia e a calidade dos servizos públicos a través da tecnoloxía”.
GLPI, unha ferramenta de código aberto amplamente utilizada na administración de activos, incidencias e xestión de cambios, “demostrou ser unha solución esencial para as organizacións que buscan optimizar recursos e ofrecer mellores servizos aos cidadáns”, engadiron.
TICgal é unha empresa galega especializada en solucións de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Ten unha ampla experiencia habilitando solucións de xestión de servizos de TI na Administración Pública e privada a nivel mundial.
O Consorcio AOC (Administración Aberta de Cataluña) é unha entidade pública que promove a transformación dixital da Administración Pública en Cataluña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?