Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 500 estudantes, familias e docentes participaron nas xornadas sobre ciberacoso da Deputación en Ferrolterra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 500 estudantes, familias e docentes participaron nas xornadas sobre ciberacoso da Deputación en Ferrolterra

S. P.
Publicado: 28/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ciberacoso_deputacion_ferrolterra_coruna.jpgMáis de 500 estudantes, familias e docentes participaron nas xornadas Problemas dixitais, solucións reais, organizadas pola Deputación da Coruña en varios centros educativos galegos co obxectivo de sensibilizar sobre os riscos do uso das redes sociais, ofrecer ferramentas para previr e actuar ante o ciberacoso e mostrar recursos dos que se pode botar man para ter navegacións seguras e saudables.
Ao longo de catro días, a experta en acoso dixital Sara García Antúnez, presidenta da asociación Stop Haters, e o creador de contidos dixitais Diego Arroba “El Cejas”, achegaron experiencias, consellos e recursos tanto a adolescentes como a familias. As charlas tiveron lugar no IES Breamo e o CPR Plurilingüe San José, de Pontedeume; o IES Plurilingüe Castro da Uz e IES Moncho Valcarce, das Pontes; o IES de Ortigueira e o IES de Fene.
O formato das xornadas favoreceu unha participación activa e próxima tanto co alumnado como coas familias. Abordáronse cuestións como o grooming, o respecto á privacidade e os protocolos de actuación fronte a situacións de risco. No caso do alumnado, empregáronse stories nas redes sociais de @stophaters_ para lanzar preguntas de forma anónima, xerando un espazo de confianza no que reflexionar sobre as condutas habituais no ámbito dixital. A dinámica favoreceu unha participación aberta, directa e moi positiva.
A Deputación fixo saber que “nas sesións para familias quedou patente tanto o interese como o descoñecemento sobre moitas das ameazas actuais na contorna dixital, como os chats sen rexistro, as identidades falsas ou a exposición a contidos nocivos”.
Ofrecéronse ferramentas prácticas e pautas adaptadas ao fogar para acompañar aos menores no uso responsable da Internet.
“Desde o departamento de orientación do IES Breamo, queremos destacar o gran impacto positivo que tivo a actividade realizada no noso centro sobre o ciberacoso. Non só foi unha sesión enriquecedora pola relevancia do tema, senón tamén pola proximidade e o interese que espertou no noso alumnado. Contar coa presenza dun influente referente para eles como Diego foi clave para conectar coa súa realidade dixital e ofrecerlles unha visión próxima e práctica sobre os riscos e a importancia do uso responsable das redes sociais. O diálogo xerado foi moi enriquecedor e permitiu que o alumnado reflexionase sobre a empatía, a seguridade e o respecto no entorno dixital. Agradecemos a todas as persoas que fixeron posible esta actividade e agardamos que no futuro poida repetirse co resto do alumnado”, sinalaron dende o IES Breamo.
Segundo datos de UNICEF, dous de cada dez adolescentes poderían estar sendo vítimas de ciberacoso, unha cifra que, para a Deputación, “evidencia a necesidade de iniciativas como esta para reforzar a prevención desde o contexto educativo e familiar”.
A boa acollida do programa abre a porta a estender esta proposta a outros centros educativos do territorio da provincia nas vindeiras edicións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?