Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pedro Blanco celebra en Monfero que os municipios rurais tiren proveito da alta velocidade impulsada polo Goberno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pedro Blanco celebra en Monfero que os municipios rurais tiren proveito da alta velocidade impulsada polo Goberno

S. P.
Publicado: 28/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pedro_blanco_monfero_alta_velocidade.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, salientou este venres 28 de marzo as potencialidades para os concellos do noso rural do Programa ÚNICO 5G Redes Activas, que achega a conectividade aos galegos e as galegas a través dos investimentos do Ministerio para a Transición Dixital e da Función Pública, dotando os concellos de menos de 10.000 habitantes de Internet de alta velocidade. Fíxoo nunha visita ao concello coruñés de Monfero, onde se reuniu co alcalde do municipio, Andrés Feal Varela, acompañado da subdelegada da Coruña, María Rivas.
Nun plano máis concreto, aproveitou para salientar o compromiso do Goberno achegando a 5G a 181 concellos do rural de Galicia, entre os que se atopa Monfero. “Neste concello estamos a falar dunha dixitalización íntegra”, sinalou o delegado referíndose ás 810 familias que se benefician do programa ÚNICO que leva a banda larga ultrarrápida ao conxunto da localidade.
Pedro Blanco destacou que o Goberno, mediante axudas coma esta, “aposta por un rural vivo e con futuro, analizando as eivas do rural galego e emendándoas. O que buscamos é que os pequenos concellos atraian poboación, e para chegar a esa meta traballamos con accións coma esta. Unhas accións que nos levan polo bo camiño e que nos fan avanzar cara unha sociedade máis xusta e adaptada ao progreso”.
Explicou que estes traballos repercuten “no benestar de miles de galegas e galegos” e fixo referencia á execución das diferentes accións repartidas en 181 concellos da Comunidade. Por provincias, A Coruña recibirá 22 millóns de euros; Lugo, 26 millóns de euros; Ourense, 24 millóns de euros para, e Pontevedra, 19 millóns de euros.
Lembrou que desde o 2021, o Goberno leva investidos 134 millóns de euros na dixitalización galega, facéndoa progresar e eliminando calquera fenda tecnolóxica no territorio.
O programa ÚNICO 5G Redes Activas é unha iniciativa pioneira en Europa. Destina fondos do Plan de Recuperación para financiar equipamentos activos e a construción de torres que amplíen a despregadura da 5G con funcionalidade plena en municipios pequenos. O obxectivo é dotar de cobertura 5G a localidades nas que non existe cobertura móbil 4G de polo menos 50 Mbps en sentido descendente, e onde non está prevista que a haxa nos próximos tres anos.
O delegado recordou tamén que o municipio de Monfero foi un dos concellos da Comarca do Eume, xunto con As Pontes, A Capela, Cabanas e Pontedeume, que se beneficiou do Plan de sustentabilidade do Ministerio de Industria, Consumo e Turismo co que se achegaron un total de 1,5 millóns de euros á comunidade. Un plan co que se melloraron e crearon novos equipamentos e servizos turísticos para dar resposta ás demandas dos usuarios e usuarias en materia de sustentabilidade, innovación tecnolóxica e accesibilidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?