Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia Nomeada supera o medio millón de topónimos xeorreferenciados na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia Nomeada supera o medio millón de topónimos xeorreferenciados na Rede

S. P.
Publicado: 31/03/2025
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

fervenza_de_donas-boqueixon.jpgA Real Academia Galega vén de facer un novo balance da importante actividade xerada polo portal Galicia Nomeada, plataforma colaborativa de recuperación da toponimia tradicional galega. Segundo fixo saber a RAG, impulsora da iniciativa xunto coa Secretaría Xeral da Lingua, Galicia Nomeada superou xa o medio millón de topónimos xeorreferenciados.
Da dita cifra, preto de 88.000 entradas son nomes de leiras, regos, devesas, camiños, praias, fontes e outros microtopónimos rexistrados por veciños e veciñas de todo o país desde a posta en marcha deste proxecto a finais do ano 2019. Os concellos con máis contribucións son os de Vigo (6.681), Outeiro de Rei (3.959), Navia de Suarna (2.974), Redondela (2.968), Bueu (2.462), Rianxo (2.261), Cangas (2.252), A Baña (2.254), Mondariz (1.959) e Vilaboa (1.933), grazas a colaboradores especialmente activos como Iván Sestay, Orlando Viveiro Veiga ou Olivar Noenlle Vázquez.
O visor
A RAG engade no seu balance que o visor de Galicia Nomeada permite nestes momentos consultar e descargar máis de 529.000 nomes de lugar, sendo uns 38.000 dos cales de entidades de poboación (concellos, parroquias e lugares) que figuran no actual Nomenclátor de Galicia e outros 403.000 son microtopónimos recollidos no marco do Proxecto Toponimia de Galicia (PTG), que funcionou entre os anos 2000 e 2011. Porén, explica a RAG, a colaboración cidadá incrementa cada día o número de topónimos identificados e permitiu incorporar ao mapa de Galicia Nomeada, con achegas destacables, concellos como os de Santa Comba, Negreira, A Baña, Marín, Vilaboa, Petín, O Irixo, Allariz, Ponteareas ou Silleda, que no seu día quedaran fóra dos traballos de campo do PTG.
torres_e_igrexa_de_mens-malpica_de_bergantinos.jpgXunto a estes dez municipios, outros 120 suman polo menos un cento de microtopónimos xeorreferenciados pola rede de colaboración cidadá. En preto dun cento de concellos, cando menos, a metade dos topónimos subidos a Galicia Nomeada foron achegados polos seus usuarios, unha porcentaxe que sobe por riba do 90% na Illa de Arousa, Mondariz Balneario, A Rúa, Soutomaior, A Illa de Arousa, Corcubión, Petín, Vilaboa, Esgos, Outeiro de Rei ou Mondariz.
A RAG explica a maiores que “o éxito de Galicia Nomeada radica na colaboración desinterasada de persoas de toda Galicia” e que “moitas veces as contribucións son froito da conversa interxeracional entre avós que atesouran na súa memoria os nomes tradicionais de chousas familiares ou camiños que percorreron desde a infancia e netos e netas dispostos a xeorreferencialos empregando a aplicación dende o teléfono móbil”.
Outras contribucións débense á “paixón pola toponimia de estudosos e tamén sobresaen experiencias impulsadas por centros educativos”.
No seu primeiro lustro de vida, a plataforma achégase ás preto de 4.000 contas de usuarios e usuarias entre particulares, institucións, asociacións ou centros de ensino que cobren practicamente a totalidade do territorio galego. Máis da metade subiron a Galicia Nomeada polo menos unha ducia de topónimos ou presentaron algunha información valiosa sobre os nomes xa rexistrados, porque a aplicación tamén permite incorporar datos sobre cambios de denominacións ao longo da historia, audios coa súa pronuncia, lendas arredor dos topónimos, fotografías etc.
Entre os nomes propios, Iván Sestay, con 17.360 nomes, figura como o usuario de Galicia Nomeada máis activo. O seu traballo abrangue máis dunha vintena de concellos da provincia de Pontevedra como Vigo, Vilaboa, Nigrán, Moaña, Mos ou Cangas, do que é natural. Séguenlle Orlando Viveiro Veiga, con 3.984 microtopónimos dos concellos lugueses de Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Lugo, Outeiro de Rei e Vilalba; e Olivar Noenlle Vázquez con outros 3.615 topónimos da Baña, Brión, Camariñas, A Coruña, Mazaricos, Negreira, Outes, Touro, Santa Comba, Zas, Sanxenxo e Lugo. A nómina de persoas colaboradoras conta tamén con estudosos como Helena Domínguez, cunha recolla na Illa de Arousa que abrangue a talasonimia, a rama da onomástica que estuda os nomes do mar.
indicadores_punta_nariga_e_praias-malpica_de_bergantinos.jpg Cento vinte e oito concellos, máis dun terzo do total, contan polo menos con dez persoas ou institucións que amosaron o seu interese en colaborar ou recoller a toponimia local. Entre os que máis usuarios anotados suman, salientan Boiro, Zas, Ribeira, Ortigueira ou Carnota, municipios que acolleron no seu momento algunha das charlas do programa Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, a campaña coa que a Real Academia Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, percorre as catro provincias na procura de persoas que colaboren na recolla dos nomes do territorio. O paso desta campaña propiciou en ocasións colaboracións especialmente vizosas, como sucede en Ponteareas, cuns 1.900 microtopónimos rexistrados dende entón.
En clave institucional ou asociativa destacan ademais iniciativas de municipios como as de Redondela (con 1.300 microtopónimos), Allariz (1.387); Vilar de Barrio, onde Laura Rodríguez Lorenzo levou adiante o proxecto de voluntariado Somos referentes; Padrón, cunha experiencia similar con Pilar Lorenzo Campos á fronte; ou Barro, onde Sheila García Prado impulsou a iniciativa Nomea Barro, que implica todas as asociacións, colexios e veciñanza na recolleita da microtoponimia con Galicia Nomeada.
Vigo á cabeza e Taboadela sen rexistros
As achegas públicas recibidas a través da plataforma Galicia Nomeada déronse en practicamente todo o territorio galego. Só catro concellos carecen polo momento de persoas colaboradoras: A Capela e Toques, na provincia da Coruña, e Bande e Taboadela, na de Ourense. Pero en realidade o único concello galego onde aínda non comezaron os traballos de recolla é o de Taboadela, xa que tanto A Capela coma Bande foron obxecto de estudo na primeira década deste século no marco do Proxecto Toponimia de Galicia. Na Capela recolléronse no seu día a través do PTG 1.609 microtopónimos que implican case todo o termo municipal e o mesmo aconteceu en Bande, con 3.417 rexistros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?