Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seis firmas instaladas na Zona Franca, no top 100 das máis innovadoras de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seis firmas instaladas na Zona Franca, no top 100 das máis innovadoras de España

S. P.
Publicado: 31/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

zona_franca_vigo_poligono.jpgMedia ducia de novas firmas (startups) instaladas en parques e polígonos da Zona Franca de Vigo conseguiron acceder á clasificación 2024 das 100 empresas máis innovadoras dos Parques Científicos e Tecnolóxicos de España. Os APTE Top 100 recoñecen cada ano os proxectos máis innovadores en ámbitos punteiros que van desde a biotecnoloxía á Intelixencia Artificial.
Beta Implants, a empresa de deseño, fabricación e distribución de implantes veterinarios; Biopranaworld, de valorización de residuos; Nort3D, especializada en fabricación aditiva e tecnoloxías 3D; ODS Protein, dedicada á biotecnoloxía con produción de micoproteína; e dúas startups do sector aeroespacial como UARX Space e Vig-Sec-Drone, foron as seis compañías de Zona Franca que entran na dita clasificación de APTE, que recoñece “o talento emprendedor que emerxe nos parques e dá visibilidade ás empresas ante o mercado de investimento potencial en proxectos de alto crecemento”.
O delegado Especial do Estado, David Regades, expresou o seu orgullo ante “o talento, a capacidade de innovación e os éxitos que están a conseguir empresas como as que conseguiron entrar na clasificación de APTE, que empezaron e maduraron nos parques do Consorcio e que, actualmente, seguen traballando nas nosas instalacións”.
A listaxe das 100 startups máis innovadoras presentouse no transcurso do Foro Transfiere, en Málaga, evento referencial da innovación e a transferencia de coñecemento, no que se fixo fincapé na diversidade dos sectores representados, o compromiso coa innovación e o impulso do ecosistema emprendedor en España, facilitando a conexión entre empresas emerxentes, o mundo investidor e representantes crave do sector tecnolóxico.
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), creouse en 1989 co obxectivo de colaborar, mediante a potenciación e difusión dos parques, á renovación e diversificación da actividade produtiva, ao progreso tecnolóxico e ao desenvolvemento económico. Actualmente conta con 60 parques membros en todo o Estado: 52 son parques socios, plenamente operativos, 4 son afiliados en proceso de desenvolvemento e 4 membros colaboradores. Os parques acolleron en 2023 a 5.908 entidades que facturaron 28.917 millóns de euros. Estas empresas proporcionan emprego máis de 161.435 persoas, das que 38.656 dedícanse a tarefas de I+D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?