
Cómpre dicir que nesta IV Olimpíada Robótica participa alumnado de secundaria do IES Saturnino Montojo, do IES Concepción Arenal e do Colexio Tirso de Molina (Ferrol); do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Camen La Grande Obra de Atocha (Betanzos); do IES As Telleiras e do CPR Ayala (Narón); do IES de Mugardos; do IES Cabo Ortegal (Fisterra) e do IES Perdouro (Burela).
Sinalar que ao longo da mañá, o alumnado participante, dividido en 49 equipos (27 na
Categoría Promesas, de 1º e 2º da ESO; 22 na Categoría Elite, de 3º e 4º da ESO) terá que superar tres retos: un Segue liñas con obstáculos, a Proba do varrendeiro e unha Competición de sumo. Entregaranse un total de 12 premios, dous por cada un dos retos propostos, así como outros dous
galardóns especiais a aqueles equipos que obteñan a maior puntuación global nas tres probas, correspondendo un á Categoría Promesas e outro á Elite.
Engadir que na proba do Segue liñas, o robot debe seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se impoñan no seu camiño. Na Proba do varrendeiro, o alumnado terá que empregar algoritmos semellantes aos que usan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede e varrer todos os obxectos do taboleiro.
A xeito de novidade, nesta edición permítese botar man dunha peza deseñada e impresa en 3D sempre e cando esta non exceda dos 3 centímetros de lonxitude desde o lateral do robot. Por último, na Competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun cara a cara no que deberán expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.
A IV Olimpíada Robótica da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol rexistra a 200 estudantes de secundaria
Compartir Este Artigo
