Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG permitirá aforrar ata 200 euros de luz aos veciños de Xermade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG permitirá aforrar ata 200 euros de luz aos veciños de Xermade

S. P.
Publicado: 01/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_itg_xermadeok.jpgO centro tecnolóxico ITG (Instituto Tecnolóxico de Galicia) está a desenvolver e testar solucións tecnolóxicas para deslocalizar a produción de enerxía e reducir o impacto ambiental e o importe da factura da luz, como parte do seu traballo en CEL Rural. O seguinte paso desta iniciativa, que conta coa participación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), entre outros socios españois e portugueses, é a selección dun novo municipio en Galicia para desenvolver unha Comunidade Enerxética Local (CEL), que permitirá aos veciños xestionar e compartir recursos enerxéticos.
A creación deste piloto nunha contorna rural chega tras o éxito no concello lucense de Xermade que, mediante á posta en marcha dunha CEL rural co asesoramento de ITG a principios deste ano, conseguiu un aforro na factura enerxética de 200€ anuais. Así, actualmente está aberta unha nova convocatoria para que a FEGAMP leve a cabo a selección dun novo municipio que se beneficie deste modelo de xestión de enerxía. Desta forma, desde ITG búscase levar a transición enerxética ao rural a través de solucións tecnolóxicas de enerxía intelixente.
A Comunidade Enerxética Local de Xermade púxose en marcha en xaneiro de 2025, permitindo os seus veciños ser donos da súa propia enerxía. A través de formación e a tecnoloxía desenvolvida por ITG, os 45 habitantes do municipio lucense adheridos a este piloto poden xestionar a enerxía que producen, almacenándoa ou decidindo como e cando investila, o que, segundo confirmou o ITG, “vailles permitir aforrar 200€ ao ano na factura enerxética durante os próximos 25 anos”.
A plataforma tecnolóxica desenvolvida por ITG para a CEL de Xermade fomenta o uso de enerxías renovables, a redución das emisións de CO2 e a adopción dun modelo enerxético máis descentralizado e sostible.
Os municipios interesados en postularse para o proxecto teñen ata o venres 4 de abril para presentar a súa candidatura; tras esta primeira fase decidirase que municipios acceden á fase final de entrevistas. O concello seleccionado ao final do proceso contará cunha comunidade enerxética despregada no marco desta iniciativa, que será xestionada con tecnoloxía desenvolvida por ITG. Leste piloto unirase ao catro xa existentes en Xermade (Lugo), Fontiveros (Ávila), Culatra (Algarve) e Vilaverde (Braga), estas dúas últimas en Portugal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?