Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e a Biblioteca Provincial achegan dous clubs de lectura dixital sobre feminismo e LGTBI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e a Biblioteca Provincial achegan dous clubs de lectura dixital sobre feminismo e LGTBI

S. P.
Publicado: 02/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

club_lectura_dixital_lgbt_deputacion.jpgAs áreas de igualdade e cultura da Deputación presentaron este 2 de abril, en colaboración coa Biblioteca Provincial, dous clubs de lectura dixital sobre feminismo e LGTBI. As deputadas Soledad Agra e Natividade González explicaron o proxecto, acompañadas da xefa de servizo da biblioteca, María Lema, e as moderadoras dos clubs, Nuria Vil e Maitane Vicente.
Páxinas de orgullo e Tinta e Equidade son os nomes dos clubs, moderados por Nuria Vil e Maitane, respetivamente, aos que se poden acceder desde a plataforma de préstamo dixital eBiblioDaCoruna, cubrindo o formulario habilitado na web. Para participar, é preciso estar de alta na plataforma e, dende alí, acceder ás dúas salas onde se atoparán as lecturas propostas polas moderadoras, así como foros para cada unha, reunións telemáticas ou encontros cos autores e autoras nalgúns casos.
A xefa do servizo de biblioteca, María Lema, deu á benvida e agradeceu a colaboración das dúas áreas, así como a “boa acollida” da proposta, “innovadora” xa que, afirmou “non hai ningunha así en toda Galicia”.
A deputada de cultura, Natividade González, puxo en valor a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, “un espazo que é xa referencia na nosa provincia non só como centro de coñecemento e lectura, senón tamén como punto de encontro para a reflexión e o compromiso coa cultura pública, accesible e plural”, sinalou.
Pola súa banda, a deputada de igualdade, Soledad Agra, convidou a toda a provincia “a participar nestes lugares de encontro e reflexión, onde compartir experiencias”.
Maitane Vicente, moderadora de Tinta e equidade, resaltou a “oportunidade” que supón esta iniciativa, xa que “nun club de lectura podes aprender, intercambiar, coñecer…” e afirmou que, precisamente, a libraría é “un traballo social”.
Nuria Vil, de Páxinas de orgullo, falou da “necesidade” de contar con clubs de lectura como “sitios de encontro, que hoxe en día son ata revolucionarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?