Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Kreios Space gaña os Premios EmprendeXXI como a startup con maior potencial de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Kreios Space gaña os Premios EmprendeXXI como a startup con maior potencial de Galicia

S. P.
Publicado: 02/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

enisa_emprendexxi_foto_con_finalistas.jpgA nova firma innovadora Kreios Space, cliente ENISA (Empresa Nacional de Innovación) e certificada como empresa emerxente, foi galardoada nos Premios EmprendeXXI como “a de maior impacto en Galicia”. Estes premios, impulsados o Ministerio de Industria e Turismo, a través de ENISA, e por CaixaBank (DayOne), celebran este ano o seu 18.ª edición. A entrega territorial destes recoñecementos en Galicia conta co apoio do IGAPE.
Kreios Space é unha empresa que se dedica ao sector aeroespacial. Con sede en Lugo e instalacións en Vigo, desenvolve sistemas de propulsión eléctricos e sostibles para satélites. O xurado valorou que a súa innovadora tecnoloxía, que se denomina ABEP (Air-Breathing Electric Propulsion), “permite reducir as órbitas actuais nas que operan os satélites, diminuíndo o custo das misións e a xeración de lixo especial, á vez que incrementan o tempo de vida deste tipo de vehículos”. O seu proxecto resultou seleccionado entre as 31 candidaturas que se presentaron na última edición dos galardóns en Galicia.
A entrega de galardóns contou coa presenza de Inma Moretón, directora de Comunicación de ENISA, así como con cargos de CaixaBank e IGAPE, entre outros. O xurado encargado de seleccionar á empresa gañadora estivo composto por institucións e entidades relevantes do ecosistema rexional de emprendemento, como Xesgalicia, as universidades de Santiago e Vigo, Startup Galicia, Unirisco, Bioga ou Vigo Conecta. Ademais, a xornada celebrou unha mesa redonda sobre novos referentes no ecosistema emprendedor galego na que interviñeron, Lara Neira, CEO (directora executiva) de Nigal e Antón Vázquez, co-fundador de Alén Space.
Grazas a este recoñecemento, Kreios Space recibiu un premio en metálico de 6.000 euros. Ademais, a compañía terá acceso a un programa de formación Moonshot Thinking en colaboración con ESADE e tamén viaxará a Berlín para completar o acompañamento internacional nunha iniciativa organizada co ICEX. A gañadora tamén terá a oportunidade de participar nos Investors Day EmprendeXXI, unhas xornadas durante as caes poderá manter contacto co ecosistema investidor e empresas interesadas en colaborar co emprendemento.
Doutra banda, a compañía formará parte da comunidade AlumniXXI, punto de encontro para o intercambio de coñecementos, ideas e experiencias entre as e os fundadores das empresas premiadas ao longo da historia dos Premios EmprendeXXI. Trátase dunha iniciativa que combina unha comunidade virtual e encontros presenciais que axuda a reforzar vínculos e crear sinerxías entre as persoas premiadas e o ecosistema emprendedor e da innovación.
Ademais de Kreios Space, no evento participaron o resto de startups finalistas en Galicia, que tiveron a oportunidade de presentar os seus proxectos:
· Diversa Technologies: spin-off xurdida do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e do SERGAS. Colabora con empresas farmacéuticas e biotecnolóxicas na investigación de solucións, a través da aplicación de nanotecnoloxía, que permitan o desenvolvemento de fármacos e terapias innovadoras en eidos como a oncoloxía ou as enfermidades raras. O seu obxectivo último é mellorar a calidade de vida das persoas a través da medicina de precisión.
· FlowReserve Labs: esta compañía compostelá desenvolveu unha tecnoloxía que permite previr enfermidades cardiovasculares en etapas moi temperás, evitando complicacións posteriores ao ser tratadas a tempo. FlowReserve Labs calcula indicadores cardiolóxicos de maneira precisa e de forma non invasiva, a partir de imaxe médica de TAC.
· Vanetta Food: compañía que desenvolve desde a súa sede no Porto de Molle, Nigrán, alternativas cárnicas nas que axuntan innovación e respecto á tradición. Ofrecen produtos 100% galegos baseados nunha alimentación plant-based, aquela que está composto por alimentos derivados das plantas.
· YowUp!: empresa pontevedresa de referencia en lácteos para mascotas que crearon o primeiro leite funcional e iogures para cans e gatos, un produto único sen graxa nin lactosa e fabricado en España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?