Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno adapta 4 antenas de Campo Lameiro á 5G e afianza a eAdministración en Catoira
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno adapta 4 antenas de Campo Lameiro á 5G e afianza a eAdministración en Catoira

S. P.
Publicado: 03/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

abel_losada_5g_campo_lameiro.jpgO subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, visitou Catoira e mantivo unha reunión institucional co alcalde, Xoán Castaño, a quen presentou a posibilidade de adherirse ao convenio A Administración preto de Ti, o que fará posible que persoal de servizos estatais se desprace ao termo municipal para realizar trámites administrativos coa veciñanza. Losada tamén informou ao rexedor de Campo Lameiro dos avances en 5G coa adaptación de catro torres a esta tecnoloxía móbil.
O programa A Administración preto de Ti, que está dirixido a municipios de menos de 8.000 habitantes, forma parte das actuacións estatais para combater a perda de poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos habitantes dos pequenos municipios, ao tempo que se facilita a capacitación dixital da cidadanía e o uso das ferramentas da Administración Electrónica (eAdministración).
O subdelegado explicou ao alcalde que a partir de agora persoal funcionario da Subdelegación visitará o concello para axudalo na obtención do certificado dixital e asesoralo no uso da aplicación O meu Cartafol Cidadán, na que figuran todos os expedientes que cada administrado ten co Estado. Tamén recibirán a visita de persoal da Tesouraría da Seguridade Social para facilitar o uso da aplicación móbil Importass, de utilidade para as xestións que realizan os traballadores autónomos ou para iniciar a solicitude do Ingreso Mínimo Vital, por exemplo. Ademais incorporarase o persoal do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) para diversos trámites e, nun futuro próximo, incorporaranse tamén os da Xefatura Provincial de Tráfico e do Servizo Público de Emprego (SEPE).
Plan Único 5G Activas
Abel Losada informou tamén ao rexedor de Campo Lameiro, José Costa, do impacto da última convocatoria das axudas estatais do Plan ÚNICO 5G Activas, que vai facer posible a modernización tecnolóxica de catro torres de telefonía móbil do municipio coa instalación de módulos 5G, “incrementando deste xeito non só a cobertura senón o largo de banda”. Adaptaranse as torres de Mullerboa-Fontenla, San Isidro-Fornelos, Couso-Padín e a situada ao norte do centro urbano de Campo Lameiro, preto do colexio.
O subdelegado significou que o Goberno de España aprobou unhas achegas totais de 3,3 millóns de euros á provincia de Pontevedra para acelerar a chegada da 5G. Subliñou que moitas das antenas da provincia operan simultaneamente con tecnoloxías 4G-LTE, 3G e mesmo 2G.
Por outra banda, adiantou ao alcalde que coa última convocatoria do Plan ÚNICO-Banda Larga, Campo Lameiro verá a conexión doutras 16 vivendas. Todos os enganches deben estar realizados pola empresa adxudicataria (Avatel) antes de 31 de decembro deste ano, data de final do plan gobernamental para expandir a fibra óptica por todo o territorio nacional, “situando a España entre os países con maior conectividade do mundo”, sinalou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?