Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta investirá 390.000 euros no desenvolvemento da plataforma de integración das comunicacións do SERGAS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta investirá 390.000 euros no desenvolvemento da plataforma de integración das comunicacións do SERGAS

S. P.
Publicado: 07/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobil_usuario_aplicacion.jpgO Consello da Xunta deu o visto e prace ao contrato para aplicar o desenvolvemento e actualización da plataforma de integración dos sistemas de comunicación en tempo real do Servizo Galego de Saúde, a CETIR. O Executivo galego investirá 390.297 euros co fin de optimizar e de dotar de novas funcionalidades o sistema.
Segundo explica o SERGAS, CETIR é unha plataforma de comunicación en tempo real que xera canles de voz e vídeo instantáneos sobre a base de diferentes estándares. Permite conectar calquera aplicativo empregado por parte dos profesionais sanitarios, como pode ser a historia clínica electrónica Ianus 5, con aquelas aplicacións que son empregadas pola cidadanía, como o SERGAS Móbil. Ademais, a plataforma garante e asegura todas as operacións que se realicen en rede, ademais de posibilitar a rastrexabilidade de todos os eventos comunicativos que se rexistren na mesma.
A actualización de todos os servizos da plataforma estará completa en decembro de 2026.
Na actualidade, os continuos avances tecnolóxicos exixen o desenvolvemento da plataforma CETIR para adaptarse ás novas necesidades da sociedade e, por ende, do Servizo Galego de Saúde.
Entre as funcionalidades que posibilitará a actualización da plataforma atópanse: a de permitir gravar as chamadas -de vídeo e voz- de acordo á normativa e aos estándares de seguridade vixentes; converter os postos de traballo en teléfonos virtuais; dotar a aplicación SERGAS Móbil dunha comunicación de voz dixital que identifique de xeito inequívoco aos cidadás -sen necesidade de que acheguen o seu número de teléfono-; catalogar sistemas de videoconferencia adicionais para usos concretos ou posibilitar o envío de notificacións ás aplicacións dos teléfonos móbiles e postos de traballo, aínda que non se estean empregando estes programas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?