Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG celebra o Día da Internet das Cousas con indicacións sobre a seguridade na IoT e a IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG celebra o Día da Internet das Cousas con indicacións sobre a seguridade na IoT e a IA

S. P.
Publicado: 07/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Fernando Suárez, presidente do CPEIG
Fernando Suárez, presidente do CPEIG
Co gallo da celebración do Día Internacional da Internet das Cousas (IoT Day), que se conmemorará este mércores, 9 de abril, dende o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) achegan unha serie de indicacións á cidadanía para axudar a comprender e debater o papel da IoT na vida cotiá.
Neste senso, o CPEIG explica que Internet das Cousas é un proceso que permite conectar elementos
físicos cotiáns á rede, á vez que estes dispositivos se conectan coa nube e intercambian información entre si. Dada a velocidade de cambio e de innovación tecnolóxica coa que se vive arestora nun contexto global, o Colexio analiza os niveis de automatización e programación da Internet das Cousas cos que se enfrontan actualmente usuarios e empresas, chegando mesmo a influír en cuestións técnicas, sociais e económicas.
Indo á temática que se tratará este ano, será: a converxencia entre IoT e Intelixencia Artificial (IA), abordando os desafíos que marcarán o futuro desta integración. Seguindo esta liña, o CPEIG sinala que, coa rápida evolución da IA e a crecente interconexión de dispositivos, os desafíos de ciberseguridade, interoperabilidade e gobernanza son máis urxentes que nunca. “A seguridade nas
aplicacións da IoT e IA segue sendo un desafío global sen resolver. A comunidade tecnolóxica, as empresas e os gobernos debemos traballar en conxunto para garantir que a integración destas tecnoloxías sexa segura e beneficiosa para todos” –manifesta o presidente do CPEIG, Fernando Suárez–.
Engadiu Suárez que a IoT pode funcionar como panca para unha dixitalización “máis eficiente e sostible”. Resalta que a sensorización e a interconexión de dispositivos están permitindo optimizar procesos en sectores clave, como a industria, a saúde, a agricultura, ou a mobilidade, con impacto directo na eficiencia enerxética, o mantemento preditivo e a toma de decisións baseada en datos.
Fernando Suárez tamén salienta a importancia da ciberseguridade e a ética no ecosistema IoT. Sinala que a expansión da IoT tamén presenta desafíos importantes, como a seguridade nos dispositivos conectados, a protección de datos persoais e o desenvolvemento de marcos éticos e normativos que garantan un uso responsable desta tecnoloxía.
O Colexio recoñece que as persoas usuarias non están actualizadas en canto aos riscos e teñen exposta a súa privacidade e información, polo que recomenda o asesoramento de expertos en ciberseguridade.
O CPEIG explica que os dispositivos conectados da IoT conforman un ecosistema complexo, composto por sensores, redes, estándares tecnolóxicos e normativos que integra a persoas, comunicacións e interfaces. Neste punto, o Colexio sinala que existen programas informáticos, as ameazas chamadas malware ou as secuencias de Exploit, que atacan estes dispositivos para executar accións sen o consentimento do usuario, causando dano e roubo de datos. Pero existen outras ameazas como son a modificación de información, a reprodución de mensaxes, a caída da rede, fallos dos sistema ou do dispositivo, filtrado de datos, ou a modificación dos dispositivos, entre outras. O CPEIG recomenda protexer o software, empregar prácticas contra vulnerabilidades e garantir a autenticidade e a integridade de parches futuros.
Por último, subliñan dende o Colexio que a falta de educación en seguridade é outro dos desafíos da IOT, xa que usuarios e empresas non están ben informados dos riscos e non toman as precaucións necesarias para protexer os seus sistemas e datos, deixando expostos os seus dispositivos a ataques e comprometendo a súa privacidade e a integridade da información. Así, o CPEIG recomenda recorrer a partners tecnolóxicos para un correcto asesoramento en ciberseguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?