Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPeme+ pon o foco no ecommerce, os infoprodutos ou o informe de viaxeiros de SES Hospedajes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPeme+ pon o foco no ecommerce, os infoprodutos ou o informe de viaxeiros de SES Hospedajes

S. P.
Publicado: 07/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

smartpeme_900x600-s-tx-3.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta semana cinco novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+, rede formativa que pon o foco na transformación e a capacitación dixital de empresas, persoas autónomas e profesionais. As accións, en formato tanto presencial como telemático (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse entre este luns 7 e o xoves 10 de abril e afondarán en cuestións de interese para o tecido empresarial da provincia como son o comercio electrónico, a xeolocalización, o informe SES Hospedajes, os infoprodutos e o posicionamento en buscadores.
Este luns 7 ás 12:00 horas celebrarase o obradoiro telemático Woocommerce I. A solución que buscabas para vender por Internet. A acción, coordinada polo punto SmartPeme+ de Vigo, afonda nesta sinxela ferramenta (plugin de WordPress de código aberto e gratuíto) que permite montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. O obradoiro abordará a instalación, características, pasarelas e formas de pago, así como a inclusión de produtos e xestión de pedidos. Será impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, cun posgrao en Comunicación Corporativa e un mestrado en mercadotecnia dixital, con experiencia neste ámbito e no comercio electrónico. As inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O martes 8 celebrarase tamén en formato telemático o obradoiro Infoprodutos I. Que son e como crealos, coordinado pola oficina de Lalín. Os participantes aprenderán que son os infoprodutos e como poden axudar a crear un negocio que se xestiona de maneira automática. As inscricións para esta acción, impartida por Fátima Faílde (licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, cun posgrao en Comunicación e Industrias Creativas e experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa), poden realizarse no formulario xa dispoñible.
O mércores 9 terá lugar na oficina de Cambados a partir das 17:00 horas o obradoiro Novo parte de viaxeiros a través de SES Hospedajes, no que os participantes van aprender e resolver todas as dúbidas relativas a este informe de viaxes, explorando a nova normativa, os seus cambios e o rexistro na plataforma. O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico, e as inscricións poden formalizarse no formulario en liña.
O xoves 10 a partir das 9:30 horas a oficina de Ponteareas celebra de xeito presencial o obradoiro Presenza en Internet e técnicas SEO. Este curso básico de conceptos web está centrado na importancia dun sitio profesional e as súas vantaxes como empresa, ademais do seu correcto posicionamento en Internet mediante técnicas libres. As inscricións poden realizarse no formulario habilitado e será impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa.
Por último, tamén o xoves ás 17:00 horas de xeito telemático, celebrarase o obradoiro Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google. Esta acción dará a coñecer a ferramenta de Google enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade grazas á xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer empregando o motor de busca máis popular. O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual con experiencia no ámbito da comunicación dixital e a mercadoecnia en liña, e as inscricións poden formalizarse no formulario dispoñibel na Rede.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?